Actualidade - Fútbol

Imprimir

DOBLE ENFRONTAMENTO CO PABELLÓN NO FUTBOL-11

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

cadete pabellon 2Este Domingo o equipo Cadete e Infantil viaxou ata Ourense para disputar os seus respectivos partidos de PLAY OFF polo título fronte o Pabellón Promesas no campo "Miguel Ángel" de "Os Remedios".

Abriría o telón o Cadete as 10:00, donde o partido comenzou con dominio dos nosos, os cales desaproveitaron varias ocasións de gol dentro da area e a balón parado, indo o descanso cun inxusto 0-0. Na segunda parte o equipo local saliu máis enchufado no partido e atopouse rápido cun penalty a favor, o cal poría o 1-0 no marcador e mermaría os ánimos dos nosos rapaces, que sen tempo para reaccionar encaixaron o dous seguintes goles, rematando o partido co marcador de 3-0.

As 12:00 sería o turno do Infantil, donde o partido comenzou con dominio do Pabellón Promesas, pero os nosos Infantiles aguantaron en defensa e por medio de unha contra poría o 0-1 no marcador Martín, pero o Pabellón rápido poría o empate no marcador. na última xogada da primeira parte o Celanova volvería golpear, e poría o 1 a 2 no marcador, obra de Diego. Na segunda parte seguiría o mesmo guión, os locales empuxaban e os nosos rapaces aguantaron heroicamente. O empate lograriano os locais a falta de 10 minutos para a conclusión, este gol foi un mazazo para o equipo que fixera un esforzo enorme, os locais seguiron na busca da victoria e atoparona a falta de 5 minutos do pitido final pondo o definitivo 3-2. CLASIFICACIÓN CADETE CLASIFICACIÓN INFANTIL

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.