Actualidade - Fútbol

XORNADA DO 27 DE FEBREIRO NO FÚTBOL 11

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

O Cadete xogaba o seu encontro de play-off polo título como local fronte o Antela. O equipo Limiano salía o campo moito máis enchufado o partido que os nosos rapaces, gracias a eso conseguirían adiantarse en 15 minutos con un marcador de 0-2. O resultado adverso faría reaccionar os locais, que convertirían o partido nun "monólogo", e en tan só 10 minutos conseguirían o empate a 2 goles, marcados por Isma e Brais. Remataría con empate a primeira parte, pero a segunda seguiría o mesmo guión, o Celanova apoderándose do partido, así chegarían o terceiro gol obra de Fer, o cuarto e quinto anotados por Iago, e o sexto por Gael. O marcador final sería de 6 - 2.

O Infantil xogou fronte o Barbadás, líder do play-off polo título e con moitas opcións de ascenso a Liga Gallega, na tarde do Sábado no "Anexo de San Rosendo". A taboa non engaña, e así o demostrou o líder en Celanova, dominio no primeiro tempo e os nosos rapaces aguantando heróicamente o tirón. Ese aguante viuse recompensado mediante un Gol de penalty que transformaría Rivera para por o 1-0 antes do descanso para despois seguir "remando". Na segunda parte o Barbadás imprimiu máis ritmo no xogo e anotaría o gol do empate no minuto 55. Os nosos rapaces seguirían loitando para arañar un empate, pero o Barbadás non se rendiría e a falta de 3 minutos para o final poría o definitivo 1-2. Sen duda un gran esforzo dos Infantiles que a piques estiveron de darlle un susto a un gran equipo. CLASIFICACIÓN CADETE  CLASIFICACIÓN INFANTILfoto cadete 2

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.