Actualidade - Fútbol

Imprimir

PLAY-OFF CADETE E INFANTIL

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

O Sábado póla mañá no "Anexo de San Rosendo" disputaban o equipo Cadete e Infantil o seus respectivos partidos de Play-off polo título. O Cadete xogaba fronte a U.D.Ourense e o Infantil facía o propio fronte o Pabellón C.F. "B" con resultados opostos.

Empezaban ven os nosos rapaces do Cadete o partido, Brais sería o encargado de abrir o marcador para os locais no minuto 10 da primeira parte, pero sen dar tempo a celebracións, xusto un minuto despois, os visitantes porían o 1-1. Esto non fixo decaer os ánimos, e tan só 10 minutos despois Iago transformaría un penalty para voltar a adiantar os de San Rosendo e chegar así o descanso. Na segunda parte cambiaría o guión, e tras 8 minutos de desconcerto o equipo visitante conseguiría empatar o partido e darlle a volta o marcador, ata chegar a distanciarse a dous goles. Xa na recta final do partido o equipo da U.D. Ourense conseguiría o gol que pecharía o partido cun marcador de 2 - 5.

O equipo Infantil tiña outro duro partido por a loita dos postos que dan acceso a xogar o ascenso a Liga Galega. Adiantaríanse moi cedo os de San Rosendo cun golazo de falta lanzado por Rivera. A primeira parte transcurriu moi igualada para os dous equipos, e ningun foi capaz de voltar a mover o marcador. Xa na segunda os nosos rapaces saliron moi enchufados no partido, sabían que gañando daban un paso importante nesa loita polos postos de privilexio, e así foi, a pouco de comenzar a segunda parte Martín poría o segundo gol no casilleiro, e foi a partir de ahí cando os locais se soltaron e colleron o mando do partido. O 3 a 0 conseguiríao Mauro, pero o Pabellón non se rendería tan fácilmente, e puxo o 3 - 1 no marcador inmediatamente. Mauro e Rivera de penalty porían o 5 - 1 definitivo. Con este resultado achéganse un pouquiño máis os postos de ascenso.

 

CLASIFICACIÓN CADETE     CLASIFICACIÓN INFANTIL

 

xP1740200.JPG.pagespeed.ic.Wh9R3gTku1

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.