DOBRE ENFRONTAMENTO NO FÚTBOL - 11 CO OURENSE C.F.
Este fin de semana os rapaces do Cadete e do Infantil desprazaríanse ata o campo de Oira para disputar o seus partidos de play-off polo título.
O primeiro en xogar sería o Cadete, que sufriría unha dura derrota condicionada por dúas expulsións. No minuto 6 por medio de unha contra o Ourense C.F. adiantaríase no marcador. Seguiría o seu curso o partido ata chegar a polémica, corría o minuto 30 cando un balón que salía por liña de fondo era reclamado por os de San Rosendo, pero a xogada continuou e os locais porían o 2 a 0. As protestas dos de Celanova levaría 2 expulsións, co que o partido se complicaría moito máis. Xa no segundo tempo, despois de aguantar moitos minutos con 9 no campo, o Ourense C.F. racharía o marcador metendo 3 goles máis antes do pitido final.
Xa pola tarde sería o Infantil o que xogaría o seu partido. Sabedores de que unha victoria clasificaría matemáticamente o equipo no ascenso a Liga Galega saliron moi enchufados no partido os rapaces. Na primeira parte gozaron de varias ocasiones Damián e Jose Miguel, pero non serían capaces de transformar. Xa na segunda parte o partido igualouse un pouco máis, pero os de Celanova seguían insistindo, e así, Mauro despois de unha xogada personal por banda izquierda poría o 0 - 1, e a tranquilidade de abrir o marcador fixo que os nosos rapaces gozasen de máis oportunidades ata o final. Con esta victoria o equipo clasifícase matemáticamente para a fase de ascenso a Liga Galega, NORABOA RAPACES.
CLASIFICACIÓN CADETE CLASIFICACIÓN INFANTIL