O Infantil continúa coa sua racha de victorias
O Infantil quería conseguer encadear dúas xornadas seguidas gañando e así subir os ánimos para afrontar os seguintes compromisos ligueiros.
Non empezaba moi ben o partido, xa que no minuto 4 o Barbadás adiantaríase tras unha contra nun saque a favor. Foron pasando os minutos e o Infantil iba asentándose no encontro, de tal forma que Martín, tras gañar a espalda e entrar nun 1 contra 1 co porteiro, poría as taboas no marcador no minuto 38.
Xa na segunda metade, o 2 a 1 sería obra de Jose Miguel tras rematar de cabeza unha falta lateral no minuto 47. A partir de ahi o equipo da EDC Celanova soltaríase e conseguiría distanciarse co 3 a 1, onde Martín cun tiro lonxano batería outra vez o porteiro, e o 4 - 1 definitivo, onde outra vez Martín marcaría tras finalizar unha contra nos últimos minutos do encontro.
Foi un partido onde o Celanova foi de menos a máis, cun primer tempo bastante regular, onde a mayor intensidade do Barbadás non deixaba xogar con comodidade os blanquiazuis. Xa na segunda parte o Infantil foi quen de subir o ritmo, e cun traballo colectivo e a tranquilidade de verse gañando foi capaz de plasmar no xogo a diferencia que hoxe había entre ámbolos dous equipos. NORABOA EQUIPO!
FICHA DO PARTIDO CLASIFICACIÓN INFANTIL