Actualidade - Fútbol

Imprimir

O Benxamín "A" non consegue superar o líder

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Espectacular partido o xogado o Mércores pola mañá no Anexo de San Rosendo entre o Benxamín "A" e o C.P. Calasancio.

O partido comenzou forte dende o principio, o lider golpeaba primeiro, e no minuto 4 poríase por diante, mais os de Celanova non se renderían e acto seguido Adán empataría o encontro. A primeira parte sería un intercambio de ocasións, pero sería o Calasancio o que poría o 1 a 2 no marcador e aguantaría con ese resultado ata o final da primeira parte, ainda que Bru gozou de unha clara oportunidade para empatar antes do descanso nunha xogada ensallada, pero o seu disparo encontrou o largueiro.

A segunda parte sería de dominio local, pero a gran actuación do porteiro Monfortino a disparos de Iker, Adri e Bru, fixo que o Calasancio resistise co marcador a favor. Inda con esto, os blanquiazuis seguiron buscando o gol do empate, ata que outra vez Adán, materializouno e conseguía o premio o esforzo de todo o equipo. O partido non estaba rematado con ese gol, e o Calasancio non renunciou a levarse os 3 puntos para a sua casa, nun dos poucos acercamentos que tivo na segunda parte a area conseguiu o 2 a 3 definitivo, para desgracia do noso Benxamín "A". O equipo perdeu o partido, pero firmou un fantástico partido e deixou unha gran imaxe ante un dos mellores equipos da competición.

¡GRAN PARTIDO EQUIPO!

 

FICHA DO PARTIDO         CLASIFICACIÓN BENXAMÍN "A"

 

BENXAMÍN A - CALASANCIO   

BENXAMÍN A - CALASANCIO 2

 

BENXAMÍN A - CALASANCIO 3

 

BENXAMÍN A - CALASANCIO 4

BENXAMÍN A - CALASANCIO 5

 

 

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.