Actualidade - Fútbol

Imprimir

NOVAS XORNADAS DE F-8 E F-11

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Xogarán esta xornada como locais o Benxamín "B" ante o Arenteiro, o Sábado as 11:00 h, posteriormente será o turno do Alevín "B" que se enfrontará ó Ourense "D" dende as 12:00 h. O outro equipo que xogará como local será o Cadete, a partires das 11:00 h ante o Sante Teresita.

Como visitantes xogarán o Alevín "A" que viaxará hata Barbadás para disputar o seu encontro, tamén na mañán do Sábado dende as 11:00 h.

Por último o equipo Infantil visitará ó Pabellón, onde levarán a cabo o seu encontro na tarde do Sábado, 19:00 h. IMG-20141025-WA0005

Imprimir

VOLTARON AS COMPETICIÓNS LOGO DA SEMANA SANTA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Caeu derrotado o Benxamín "B" ante o Velle "B" nun partido moi disputado e que logrou gañar o equipo local logo de marcar un gol a falta de 5 minutos para o final. Ver ficha de partido. Ver calsificación e resultados.

Nada puido faer o equipo do Benxamín "A" no segundo encontro de copa ante a ED Ourense. Sete a cero foi o resultado final. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

2-2 sería o resultado final que acadaría o Alevín "B" ante o Allariz logo de remontar dous goles en contra. Os autores dos goles locais foron Adrián e David, este punto segueos deixando como líderes. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Tamén caería derrotado o equipò Infantil, 1-4 ante o Ourense C. F. na fase final da copa deputación, o gol dos locais lograríao Iago. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Por último o equipo Cadete lograría unha victoria no seu primeir partido de copa delegación, sería ante o Cidade de Ourense C. F., 0-3 remataría o encontro con tantos de Iñaki, Iago e Ricardo. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados. 20141122 111410

Imprimir

DOBLE XORNADA PARA O INFANTIL NO F-11

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Xogará o primeir partido o Sábado as 12:15 h no Pavillón dos Remedios ante o Pabellón Promesas, e un novo encontro o Martes por a tarde, 17:00 h en Chantada.DSC00799

Imprimir

O INFANTIL GAÑOU E O CADETE CAÍU DERROTADO

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Bo partido do equipo Infantil diante do Barbadás nun encontro que acabaría gañando por 2 tantos a 1. Comenzarían adiantándose no marcador a ED Barbadás, 1-0, resultado co que se chegaría o tempo de descanso. Xa na segunda metade, primeiramente Damián e logo Carlos, conseguirían darlle a volta o marcador e acadar os tres puntos para o equipo da vila de Celanova. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Nada puido faer o equipo Cadete diante do lider, na última xornada caerían derrotados os da E. D. C. Celanova. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados. DSC00801 - copia - copia

Imprimir

INFANTIL E CADETE CAEN DERROTADOS NOS SEUS RESPECTIVOS ENCONTROS

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

A pesares de comenzar gañando dende o minuto 9 con gol de Iago, o equipo Infantil non foi quen de conseguir un resultado positivo, e remataría perdendo o encontro por catro goles a un. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

O equipo Cadete tampouco puido acadar un resultado positivo, e perdería, no seu encontro disputado ante a ED Concello de Barbadás, por cero goles a tres. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.20141222 170125

Imprimir

DOUS NOVOS PARTIDOS PARA O INFANTIL E O CADETE

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

O Ourense C. F. será o rival do Infantil da E. D. C. Celanova, encontro que se disputará o Sábado as 12:00 h no Municipal de Oira.

Por outro lado o equipo Cadete xogará na tarde do Sábado, 16:30 h, como local, ante o Barbadás, no penúltimo encontro de Copa.DSC00803 - copia

Imprimir

VICTORIA DO iNFANTIL E EMPATE DO CADETE

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Clara victoria do Infantil ante o Arrabaldo. Estivo o encontro na primeira metade un pouco máis igualado, chegando ó descanso co resultado de 3-2 favorable os da E. D. C. Celanova, dous goles de Damián e un de Javi. Xa no segundo tempo os locais mostraron o seu mellor nivel e lograron tres novos goles, obra de Damián, por terceira vez, Anxo e Ismael, para cerra o marcador cun definitivo 6-2. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Empate, o que lograba o Cadete ante o Velle "B", logo de ir gañando durante moito tempo por un gol a cero, Daniel foi o seu autor, chegaría o empate nos últimos intres do encontro, despois de que Victor Manuel transformase un penalti. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.20141222 170105

Imprimir

O CADETE VIAXA A VELLE E O INFANTIL XOGA COMO LOCAL

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

O equipo Cadete da E. D. C. Celanova xogará diante do Velle "B" na tarde do Sábado, dende as 18:00 h no campo da Aira.

Por contra o Infantil disputará o seu encontro como local o Domingo pola mañán a partires das 11:30 hante o Arrabaldo.DSC00803 - copia

Imprimir

UN SÓ ENCONTRO DE FÚTBOL 11

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Na mañán do Domingo enfróntase o Infantil ante o Pabellón "B", será no campo Miguel Ángel dos Remedios a partires das 11:30 h.DSC00799

Imprimir

VICTORIA DO INFANTIL E DERROTA DO CADETE

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Lograba a victoria o equipo Infantil ante o Monforte no encontro que se celebrou na mañán do Sábado. Foi, no minuto 36, Diego Rivera o que abriría o marcador, e a falta de un minuto para o descanso Adrián Viso faría o 2-0. Xa na segunda metade, en tres minutos Gabriel Méndez era quen de marcar dous novos goles e deixar o 4-0 definitivo. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Por tres goles a catro caía derrotado o Cadete da E. D. C. Celanova. No minuto 22 adiantábanse os visitantes por medio de Pablo, e David Alén, a falta de tres para o descanso lograba o empate. Non chegaría aínda o tempo de descando, xa que tres minutos máis tarde, Jesús adiantaba de novo ó Chantada. Xa na segunda metade e con 8 minutos disputados, de novo Pablo, puña o 1-3 no marcador. A partires dese intre reaccionaron os locais hata acadar o empate, primeiro Dani e logo Miranda, pero a mala sorte faría que nos últimos intres do encontro encaixasen un novo gol, novamente Pablo, par desta maneira caeren derrotados. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.20141222 170105 

Imprimir

CATRO ENCONTROS COMO LOCAIS NO F8 E F11 NA MAÑÁN DO SÁBADO

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

O primeir partido do Sábado a mañán disputarao o Infantil, as 10:30 h, ante o Monforte. Xa as 11:00 h xogará o Alevín "A" diante do Arenteiro, e unha hora máis tarde, 12:00 h, farao o Benxamín "B" ante o Antela "B". Tamén as 12:00 h levará a cabo o seu partido o equipo Cadete, quen recibirá ó Chantada.

A única saída realizaraa o Benxamín "A", que visitará o campo de Eiroás na mañán do Domingo, 10:00 h, onde buscará a súa segunda victoria do campionato.20141122 123136

Imprimir

O CADETE SEGUE COS RESULTADOS POSITIVOS

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Viaxaba o equipo Cadete na mañán do Domingo para visitar ó Cidade de Ourense, partido que se disputaría no Municipal de Oira. Encontro moi igualado dende o primeir intre, e que se lles complicaría os visitantes, posto que no minuto 30 da primeira metade quedarían con un xogador menos por a expulsión de Gael, pero a falta de 5 minutos para o descanso, David lograría o 0-1, resultado que posteriormente sería definitivo. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

O infantil acadaba un empate diante do Chantada. Adiantábanse os de Celanova moi cedo por medio de Adrián Álvarez, pero apenas 10 minutos despois, Brais conseguía o empate para o Chantada. Non se movería máis o marcador hata o remate do encontro e reparto de puntos. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.DSC00801 - copia - copia

Imprimir

INFANTIL E CADETE NA MAÑÁN DO DOMINGO

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

As 11:30 h da mañán do Domingo xoga o Infantil o seu partido ante o Chantada, encontro que se disputará no anexo do Municipal de San Rosendo.

Por contra o Cadete da E. D. C. Celanova viaxará, tamén na mañán do Domingo, para visitar ó Cidade de Ourense, dende as 10:30 h no Municipal de Oira.20141222 170105

Imprimir

INFANTIL E CADETE LOGRAN DOUS RESULTADOS POSITIVOS

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Longo desprazamento o que tiña o equipo Infantil para visitar terras Valdeorresas.

Comenzaba o partido moi costa arriba para os de Celanova , xa que no minuto 4 Manu facía un gol en propia porta para por por diante ó C. D. Barco. Novo gol dos locais no minuto 15 e 2-0. A falta de un minuto para o descanso, Iago, transformaba un penalti e recortaba distancias no marcador. Na segunda metade, e con moito tempo por diante, os Infantis da E. D. C. Celanova intentaron remontar o encontro, e no minuto 14, de novo Iago, conseguía o empate. Sen máis goles no partido e reparto de puntos para ambos equipos. Ver ficha de partido. Ver calsificación e resultados.

Gloriosa mañán a que tivo o equipo Cadete da E. D. C. Celanova logo de gañar o seu encontro por 7 goles a 1 ante o C. F. Monforte.

Adiantábase moi rápido o equipo local por medio de Iñaki, minuto sete, e logo en cinco minutos conseguían tres novos goles, dous obra de Gael e un novamente Iñaki. No último minuto da primeira metade, Luis marcaba en propia porta, polo que se chegaría o descanso con resultado de 4-1. Comenza a segunda metade, e novamente Gael lograba dous novos tantos ( catro na súa conta particular ), e a falta de 9 minutos para o final, David facía o séptimo gol. Segue a dinámica positiva para o equipo Cadete da E. D. C. Celanova. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados. 20141222 170350

Imprimir

Dobre desprazamento no fútbol 11

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

O Infantil desprázase ata terras Valdeorresas para xogar o seu encontro da liga polo título fronte o C.D. Barco a partires da 17:30. Os nosos rapaces veñen de empatar na casa a 3 un partido que se lles puxera costa arriba cun 0 a 2. A visita deste fin de semana pode ser decisiva para as suas aspiracións nesta liga.

O Cadete xogará ante o Monforte C.F. o Sábado as 12:00 da mañá no municipal de San Rosendo. Os rapaces da E.D.C., que levan unha boa dinámica de resultados a pesar da derrota axustada do fin de semana pasado, intentarán tomarse a revancha do 1 a 0 da primeira volta fronte oequipo Monfortino.

20141222 170125

Imprimir

EMPATE DO INFANTIL E DERROTA DO CADETE

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Partido emocionante o que disputou o Infantil no Municipal de San Rosendo na mañán do Sábado ante o Pabellón. Adiantábanse os visitantes hata porse 0-2 e chegar ó decanso con ese resultado. Melloraron na segunda metade os de Celanova, e, primeiro David Vazquez, e logo Javi, conseguiron empatar o encontro. A falta de 10 minutos para o final, Iago lograba o 3-2. Pouco durou a alegria, xa que dous minutos máis tarde Yago consegía empatar para o Pabellón. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

1-2 perdía o Cadete logo de faer un bo encontro. Adiantaba os locais Iñaki a falta de 1 minuto para o descanso. Na segunda metade empataba o Arrabaldo o transformar un penalti, e catro minutos máis tarde, Juan Mayo conseguía o 1-2 definitivo. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados. IMG-20141201-WA0009

Imprimir

O CADETE E O INFANTIL XOGARÁN ESTA FIN DE SEMANA COMO LOCAIS

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Despois da derrota acadada a pasada fin de semana, o Infantil da E. D. C. Celanova enfrontarase, o Sábado as 10:15 h no Municipal de San Rosendo, ó Pabellón Promesas.

Intentará manter o equipo Cadete a súa racha de resultados positivos, neste caso ante o Arrabaldo, o Sábado a partires das 11:45.DSC00806 - copia

Imprimir

Empate do cadete en Barbadas nun partido mui disputado 1-1.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Achegabase o cadete a Barbadas para xogar diante do seu equipo B, e coa moral a tope despoixa de gañar os dous últimos encontros. O encontro estivo moi igualado, e a pesar de conseguir adiantarse o Barbadas-B mui pronto, a EDC.conseguiu empatar o encontro cun gol de Julio antes do descanso. Na segunda metade continuou a emoción e os dous tiveron opcions de gañar, pero o marcador final xa quedaria inamovible 1-1. Un resultado que permite o cadete encadener a sua terceira semana consecutiva sen perder. Ver ficha do encontro. 20141222 170123Ver clasificacions.

Imprimir

O infantil quedase sen premio en Barbadas no último minuto 1-0.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

O infantil desprazabase a Barbadas para enfrentarse diante de un dos craros favoritos o ascenso a liga galega, e despoixa de un gran partido e poñerllo mui complicado o equipo local quedaronse sen premio a un minuto para o final. O partido estivo marcado polo gran traballo e esforzo a nivei defensivo que fixeron os rapaces da EDC., donde a pesar de cederlle a posesión do balón aos xogadores do Barbadás, apenas lle conseguiron xerar un par de ocasións de gol xa na segunda metade que desbaratou moi ben o noso porteiro Gabriel. Pero o encontro decidiuse case que na última xogada do encontro, no saque dunha falta lateral mui discutida, e que rematou cun balón morto no segundo pao donde apareceu so un xogador do Barbadas, para facer o 1-0 definitivo e deixar os tres puntos nos Carris. A pesar do resultado final excepcional o traballo dos xogadores do equipo infantil que estiveron todos de dez.IMG-20140920-WA0012Ver ficha partido

Ver resultados e clasificación.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.