Actualidade - Fútbol

LONGO FIN DE SEMANA DE COMPETICIÓNS

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol

DSC00813 - copiaA E.D.C. Celanova atopase con un longo fin de semana de competicións xogando varios partidos en case tódalas categorías.

A xornada competitiva comeza hoxe Xoves co partido que disputará o Infantil fronte o Arrabaldo a partir das 18:15 no campo de "San Rosendo", partido de fase previa de copa, onde os de Celanova intentarán facerse cos 3 puntos antes de visitar o Domingo o Barbadás B a partir das 10:30 no campo de "Os Carrís" e rematar a fase de grupos con un bo sabor de boca.

A Partir das 19:45, e tamén no campo de "San Rosendo", xogará o Alevín B o seu encontro de copa fronte o C.D. Velle C, partido que están obrigados a gañar para seguir na loita polo pase a seguinte ronda. Esta loita seguirá o día seguinte, esta vez no campo do Pabellón, onde o Venres a partir das das 11:15 medirán as súas forzas o terceiro (Pabellón) e o primeiro do grupo de copa (E.D.C. Celanova).

TORNEO DE F-8 SEMANA SANTA DE CELANOVA 2015 51

 

O Venres as 11:00, en "San Rosendo", disputa o equipo cadete o seu partido de copa fronte o Allariz. Os de Celanova, buscarán unha nova victoria na casa para pechar a tempada dunha gran maneira.

Tamén o Venres o Benxamín A viaxará ata terras de Verín para medirse o equipo local no campo da "Granxa" a partir das 12:00.

O Sábado, o campo de "San Rosendo" acollerá dous partidos máis de futbol-8, o primeiro será o do Benxamín B que xogará contra o Pabellón B, e a continuación o Alevín A fará o mesmo diante do Ourense C.F. . Durísimos partidos os que xogan estes dous equipo da E.D.C. Celanova. O partido fronte o Ourense C.F. do Alevín A non será o único deste fin de semana para este equipo, o Domingo tamén disputará a partir das 11:00 en "Eiroas" outro partido de copa fronte o Santa Teresita.

TORNEO DE F-8 SEMANA SANTA DE CELANOVA 2015 11

 

 

 

 

 

 

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.