Previa da xornada do Mércores 12 de Outubro
Na escola de fútbol sempre temos partido; o Mércores 12 de Outubro, día do Pilar, xogan partido de liga o Benxamín "A", Infantil e Cadete.
O Benxamín "A" xoga un interesantísimo partido fronte o C.P. Calasancio de Monforte a partir das 11:30 no anexo de San Rosendo.
Os Monfortinos son coolíderes da liga con 6 puntos, teñen 7 goles a favor e tan só 2 en contra, mentres que os de Celanova son 5º con 4 puntos, teñen 7 goles a favor e 5 en contra. Preveese un interesante duelo entre dous equipos moi competitivos.
O Infantil pola súa parte tamén xoga o seu partido correspondente a 6ª xornada de liga, e para eso desprazarase ata "O Campo da Aira", en Velle, onde a partir das 10:00 da mañá medirá as suas forzas co C.D. Velle.
O equipo local está invicto tras 5 xornadas, é coolider, conta tódolos seus partidos por victorias, e ten uns números moi bos, con 16 goles a favor e tan só 3 en contra. Os Infantís veñen de acadar a segunda victoria consecutiva, e colócanse 8º na taboa, con 13 goles a favor e 14 en contra. Seguro que será un intenso partido xa que os dous equipos veñen nunha dinámica positiva en canto a resultados, e os de Celanova empezan a asentarse no seu xogo.
O outro equipo que tamén terá competición o Mércores é o Cadete, que se desprazará ata o colexio dos Salesianos, para xogar fronte a U.D. Ourense a partir das 10:00.
O equipo Ourensán é o lider da competición, con 4 victorias nos 4 partidos que dispotou, cun saldo de 19 goles a favor e 4 en contra. Os de Celanova son 7º con 7 puntos, tras gañar 2 partidos, empatar un e perder outro, contan con 10 goles a favor e 6 en contra. Seguro que será un grandioso partido pola boa traxectoria que levan os dous equipos na liga. Inda que todavía sexan os primeiros compases da temporada, cada punto é importantísimo para afrontar o resto da competición con optimismo.
¡SORTE A TODOS!
¡IMOS CELANOVA!