Actualidade - Fútbol

A PREVIA DA XORNADA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol

Varios partidos que se disputarán esta fin de semana no campo de San Rosendo, que de seguro nos farán pasar una bonita xornada vendo rodar a pelota.

Empezamos polos máis cativos da escola de fútbol, o equipo do Prebenxamín, que despois de gañar os 2 partidos que van de liga, xogarán a terceira xornada como local contra o C.D. La Purísima a partir das 10:30 da mañá no Anexo de San Rosendo, de seguro veremos un entretido partido como nos teñen acostumados.

A mesma hora e no mesmo lugar xogará tamén o Benxamín "B", que ven de parder na sua visita o campo do Antela. O Sábado xogará contra a U.D. Ourense no que será un partido moi igualado, e onde os de Celanova intentarán facer de San Rosendo un fortín, e conseguer a primeira victoria ligueira.prebenxamín benxamín b

Un dos equipos que esta xornada disputará o seu partido como visitante e o Benxamín "A", que se desprazará na mañá do Domingo ata o campo de "A Granxa", en Verín, para xogar as 11:30 contra un dos "cocos" da liga, a E.D.C. Verín. Os rapaces do Benxamín "A" xa nos teñen acostumados a plantarlle cara os grandes equipos, e de seguro neste caso non será diferente.

benxamín a

O outro dos equipos que xogará fora de Celanova é o Alevín "A", que viaxará ata Ourense, máis concretamente ata Oira, para xogar fronte o Ourense C.F. "C". Os "maiores" do fútbol-8 contan todos os seus partidos por victorias, e están vivindo un momento moi dulce, de seguro intentarán alargar a sua racha.

Alevín A formacion

Xa no fútbol-11 o Infantil xogará a partir das 11:45 do Sábado contra o sempre complicadísimo Pabellón C.F. "B", os nosos rapaces veñen de perder o Mércores festivo no campo de Velle, un partido que se lles puxo moi costa arriba pero que a piques estiveron de conseguir a remontada. De seguro que esta semana veñen ca lección ben aprendida e vaciaranse no campo dende o primeiro minuto.

Infantil

Para rematar a xornada futbolística, xogará o Cadete o Sábado pola tarde no campo de San Rosendo fronte o C.P.Calasancio "B" a partir das 16:30. Os blanquiazuis veñen de perder un partido contra un rival directo, e de seguro que estarán deseosos de seguer sumando para non descolgarse dos postos que dan opción a xogar a fase de ascenso.

CADETE SALESIANOS

 

¡MOITA SORTE A TODOS!

escudo EDC Celanova

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.