Actualidade - Fútbol

Imprimir

DOUS DESPRAZAMENTOS PARA O INFANTIL E O CADETE

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

No terceiro partido de liga Infantil por o play off, o equipo das E. D. C. Celanova, despois de sufrir a primeira derrota na casa, visita na mañán do Domingo a S. D. Arrabaldo, partido no que intentará lograr a victoria para seguir loitando por os catro primeiros postos que dan opción a xogar a fase de ascenso a Liga Galega.

O Cadete da E. D. C. Celanova viaxará a Chantada na tarde do Sábado, o encontro disputarase a partir das 18:00 h. Despois de que a fin de semana pasada se aprazase o seu partido, ante o Cidade de Ourense, intentarán traer un resultado positivo de terras Luguesas.IMG-20141201-WA0010

Imprimir

TRES PARTIDOS EN DOMINGO E UN O SÁBADO NAS COMPETICIÓNS DE F8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

O Domingo pola mañán haberá novamente fútbol no Municipal de San Rosendo.

Comenzará o equipo do Benxamín "A", quen recibe ó Verín a partires das 11:30 h. Será un partido moi disputado entre dous equipos os cales só separan 5 puntos na táboa clasificatoria.

Posteriormente, as 12:30 h, xogará o Benxamín "B", encontro moi dificil ante un duro rival da categoría, como é o Velle "B".

En canto a desprazamentos se refire, os dous equipos Alevíns viaxarán esta fin de semana. O Alevín "B" visitará ó Ribeiro, tamén na mañán do Domingo, no que sepresenta ser un partido atractivo entre dous equipos moi parexos, e os que tan só dous puntos os separan na clasificación.

Por outro lado o Alevín "A" xogará como visitante fronte ó Pabellón C. F., partido difícil na casa do terceiro clasificado da liga. Este encontro disputarase dende as 10:00 h da mañán do Sábado.CELANOVA A 1 - PABELLON A 11 35

Imprimir

PRIMEIRA DERROTA DO INFANTIL NA SEGUNDA FASE DA LIGA PROVINCIAL

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Na segunda xornada da segunda fase de liga provincial infantil, o equipo infantil das E. D. C. Celanova recibía na mañán do Sábado ó Pabellón "B" C. F. Comenzaban gañando os locais gracias a un gol de Diego no minuto 10, e xa nos últimos intres da primeira metade lograba empatar o cadro visitante por medio de Janfry, pero antes de que se chegase ó descanso, Ismael conseguía por o 2-1 no marcador.

Os 15 minutos da reanudación do encontro empataba por segunda vez o Pabellón "B" C. F. gracias a un gol de Joel , e a falta de 5 minutos para o final do partido, Adrián poría no marcador o que sería o definitivo 2-3. Ver ficha partido. Ver clasificación e Resultados. IMG-20140920-WA0012

Imprimir

VICTORIA E DERROTA PARA OS ALEVÍNS DA E. D. C. CELANOVA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Tiña un encontro complicado o Alevín "B" diante das E. D. Concello Barbadás.

Partiod moi disputado e onde os dous equipos se mostraban moito respeto, con ocasións de gol e prácticamente sen case ningún do dous equipos cometendo erros. Con 0-0 chegouse ó descanso, e os 8 minutos da reanudación conseguía abrir o marcador o xogador local Rayco. Pasaban os minutos e había que lograr outro gol para ter tranquilidade , e a falta de tres minutos para o remate do encontro, conseguiríao Ángel. 2-0 ó final e bo partido do Alevín "B". Ver ficha partido. Ver clasificación e Resultados.

Na tarde do Venres adiantábase o partido do Alevín "A" contra o Antela C. F. Case sen tempo para reaccionar, os xogadores da E. D. C. Celanova víronse con un gol en contra nos primeiros minutos de partido, obra de David. A partires dese momento asentáronse mellor no terreo de xogo e lograron emptar por medio de César no minuto 15, con resultado de 1-1 chegouse ó descanso. Ó igual que na primeira metade volveron encaixar de maneira moi rápida os locais, pero desta vez por partida dobre, 1-2 David, e 1-3 David Enríquez. Con tempo por diante para intentar remontar intentárono os locais, pero non foi posible. ó final 1-3 favorable ó Antela C. F. Ver ficha partido. Ver clasificación e Resultados.20141122 120605

Imprimir

UNHA DERROTA E UN EMPATE NOS PARTIDOS DO BENXAMÍN "B" E BANXAMÍN "A"

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Na mañán do Sábado recibía o Benxamín "B" a A .D. Bosco.

Comenzaron algo frouxos os xogadores do equipo local, xa que no minuto 9 perdían por dous goles a cero, o primeiro obra de Javier Antonio e o segundo de Xavier. Intentaron reacciionar os pupilos de Rubén Carballo, e antes do descanso conseguían reducir a distancia no marcador gracias a un gol de Mauro.

Seguiría o partido igual na segunda metade hata o tramo final, nos últimos 15 minutos, onde o equipo da A. D. Bosco lograba un novo tanto, Bruno, os xogadores locais intentárono dunha e doutra maneira, pero só conseguiron anotar un novo gol no último minuto de partido. Mauro de novo, deixaba o marcador final 2-3. Ficha de partido. Ver clasificación e Resultados.

O outro euquipo Benxamín da escola, xogaba en Monforte fronte ó C. P. Calasancio, partido disputado tamén na mañán do Sábado.

Bonito encontro o que disputaron estes dous equipos no que o resultado final foi de 4-4.

Comenzaron adiantándose no marcador os da E. D. C. Celanova con un gol de Iago no minuto 20 de partido, e no último minuto da primeira metade empataban os locais con gol de Daniel. Seguía a emoción no partido, e máis nesta segunda metade, no minuto 36 Iker volvía por por diante no marcador os visitantes con un bonito gol, e a falta de 4 minutos para o final e gañando 1-2, comenzou o baile de goles. Empataba o partido David, e na seguinte xogada e a falta de dous minutos para o remate, Iago conseguía un formidable gol, (2-3). No saque de centro e nunha xogada moi discutida e dudosa conseguían empatar de novo os locais, Daniel (3-3). Un minuto para o final do encontro e o marcador reflexaba empte a treses.Novo saque de centro, e nun erro defensivo do equipo visitante o C. P. Calsancio conseguía por o marcador o seu favor, con gol de Sandro, (4-3). Non quedaba tempo para máis, e cando xa o árbitro ía pitar o final do partido produciuse unha falta ó borde do área do equipo local, era a derradeira oportunidade, e Iago non perdoou, gol e final do encontro. 4-4 e bo partido do Benxamín "A". Ficha de partido. Ver clasificación e Resultados.EDC CELANOVA A 4 -SANTA TERESITA A 1 33

Imprimir

DOUS NOVOS ENCONTROS DE fÚTBOL 11 NA MAÑÁN DO SÁBAO

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

A competicón de Fútbol 11 abriraa o equipo cadete da E. D. C. Celanova, o cal  xogará frente ó Cidade de Ourense dende as 10:15 horas, no que será o seu segundo partido na competición de copa.

Por outro lado o Infantil da E. D. C. Celanova disputará o seu encontro no Municipal de San Rosendo dende as 12:00 frente ó Pabellón "B", no que tamén será o seu segundo partido nesta liguilla para loitar por o título.IMG-20141201-WA0009

Imprimir

FIN DE SEMANA DE PONTE E FÚTBOL NA VILA DE SAN ROSENDO

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Siguen as competicións oficiais de Fútbol 8 para a E. D. C. Celanova. O primeir partido celebrarase a partires das 19:00 da tarde de hoxe Venres, onde se enfronta o Alevín "A" ante o Antela.

O Sábado a mañán levaranse a cabo dous novos partidos no Municipal de San Rosendo, dende as 10:30 o Benxamín "B" recibe a A. D. Bosco, e a mesma hora o Alevín "B" disputará o seu encontro ante o Barbadás "C".

O único desprazamento realizarao o Benxamín "A", viaxará neste caso a provincia de Lugo para enfrentarse a partires das 10:45 ó Monforte.EDC CELANOVA A 4 -SANTA TERESITA A 1 33

Imprimir

O Alevín-A cae derrotado no Ribeiro.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

O Alevín-A caiu derrotado no Ribeiro por un contundente 4-0 diante dun dos equipos que está pelexando por meterse nos postos que dan acceso a disputa do campionato galego. O partido tivo en todo momento color locai, e xa dende o comenzo o Ribeiro levou o partido de cara. 2-0 Ao descanso con goles de Lucas e Iker, para outros dous na reanudación a cargo do propio Iker e Sergio sellarían a goleada para os locais. Ver ficha do partido. Ver resultados e clasificaciónIMG-20141025-WA0009

Imprimir

Dúas derrotas para os dous equipos Benxamíns da E. D. C. Celanova

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

O Benxamín "B" perdía desta vez no seu enfrontamento contra a S. D. C. Arrabaldo por 4 goles a 2.

Tiveron un mal inicio os pupilos de Rubén Carballo, posto que no minuto 14 xa perdían por 3 -0. Xusto antes do descanos do encontro lograron recortar distancias gracias a un gol de Jesús.

Igual que na primeira metade, ó inicio da segunda encaixaron un novo tanto, ó cal responderon 4 minutos depois con gol de Adrián. Os minutos pasaban e os cativos da E. D. C. Celanova non eran quen de acadar máis goles, co que se chegou o final do partido con resultado de 4-2 favorable a S. D. C. Arrabaldo.

Para a vindeira semana recibirán na casa a A. D. Bosco. Ver ficha partido. Clasificación e Resultados.

 

O Benxamín "A" disputaba o seu encontro no Municipal de San Rosendo, o Sábado pola mañán, contra o lider da categoría, o Pabellón C. F. Poucas opcións tiveron os da Vila, xa que no minuto 5 perdían por 0 goles a 4, intentaron reaccionar con gol de Iker no minuto 7, pero a partires de ahí hata o descanso encaixaron 4 novos goles. Sen opcións na segunda metade do encontro e con 3 novos goles encaixados rematou o partido disputado ante un gran rival.

Para a semana viaxarán para visitar ó Monforte. Ver ficha partido. Clasificación e Resultados.

 

 CELANOVA A 1 - PABELLON A 11 72

Imprimir

Victoria do infantil 0-4 e derrota do cadete 1-0 en Monforte.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Este fin de semana comenzaba a segunda fase das ligas en fútbol-11 cunha visita a Monforte tanto dos infantiles como dos cadetes. Comenzaban so infantiles a súa competición na fase polo título cun enfrentamento diante do quinto clasificado do outro grupo, o partido foi de claro color para a EDC. que conseguiase adiantar xa no primeiro tempo con goles de Iago e Adrián. Tivo as súas opcións de recortar o Monforte en dúas accións que solventou moi ben Gabriel. Xa na seguda metade unha nova internada de Iago finalizaría cun centro o segundo pau para que Adrian de novo marcara o 0-3, case de maneira inmediata Iago poría o 0-4 definitivo. O final un resultado amplio e os tres primeiros puntos en esta segunda fase da liga para a EDC.Celanova.Ver ficha partido.Clasificación e resultados.IMG-20141201-WA0006

Tras finalizar o partido dos infantiles serían os cadetes os que lles correspondería disputar o seu encontro correspondente a liguilla de Copa Deputación, no cal o equipo cadete realizou un bo partido en terras monfortinas. Deciduse o partido no primeiro cuarto de hora, onde un erro defensivo dos visitantes, condenounos a recibir un gol en contra. A a partir de este momento o equipo mellorou,  sobre todo ó comenzo da segunda metade, donde tiveron claras ocasións de empatar e incluso de gañar o encontro, pero non estiveron acertados a hora de materializar as ocasións creadas. Primeiro partido de Copa Deputación e primeira derrota, para a semana seguinte novo enfrentamento de esta vez como locais contra o cidade de Ourense. Ver ficha partido. Clasificación e resultados.

Imprimir

Doble confrontamento no fútbol 11 co Monforte C.F.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

escudo 001

Os equipos Infantil e Cadete Viaxarán este Sábado ata a vila Monfortina para xogar o seus respectivos partidos da nova liga. 

O Infantil será o encargado de abrir o telón as 10:30. Con este partido dará comenzo unha nova fase na que os catro primeiros terán acceso a disputar o ascenso a liga galega, o que sería un gran premio para estes rapaces, ainda que hai que ser conscientes de que será unha tarefa moi difícil tendo en conta que xogan contra as mellores escolas da provincia.

Os Cadetes serán os seguintes en xogar (12:00), comenzando con moita ilusión para facer un bo papel na seguinte fase.

Sorte a todo e a divertirse!

Ver liga Infantil  Ver liga Cadete

Imprimir

Previa do 29 de Novembro no Fútbol-8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Esta semana só haberá un partido como locais no campo de San Rosendo, e será o Benxamín "A" que xogará contra o Pabellón C.F. a partir das 11:00. O equipo visitante é un dos mellores da liga e ten como obxetivo xogar o campeonato Galego, os nosos tocaralles sufrir nun durísimo partido.

O Benxamín "B" desplazarase ata Santa Cruz de Arrabalado para xogar fronte o Arrabaldo "B" a partir das 11:30, mentres que o Alevín "A" viaxará a Rivadavia para xogar fronte o Ribeiro as 11:00.

O Alevín "B" tócalle descansar este fin de semana por mor de que a liga esta composta por un número impar de equipos.

Sorte a todos e a divertirse!IMG-20141025-WA0008

Imprimir

Duelos mui axustados ca ED.Barbadas no Benxamín-B e no Alevín-A

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

20141122 112735EDC.CELANOVA (Benxamin B)O sabado pola mañá a xornada de fútbol-8 deparaba un doble duelo entre a EDC.CELANOVA e a EDC.Barbadas nas categorías alevín e benxamín. A verdade e que os dous partidos estuveron mui igualados tanto nos resultados como no xogo. Comenzaban os mais pequenos do benxamín de primeiro ano, o partido rematou con empate 3-3 logo de moitas alternativas no marcador. Empezarían gañando os visitante 0-1 Hugo min.4, para empatar Mauro Mociño para os locais min.9. Voltaría adiantar Pablo 1-2 min.28 ao Barbadas, para en cinco minutos trepidantes primeiro Carlos Rodriguez min.29 e o seu irmán Adan Rodriguez no min.32 coller unha ventaxa para os locais que pouco duraría, xa que inmediatamente Martín min.33 poría o 3-3 para o Barbadas. Ainda no último minuto de partido Carlos Rodriguez tivo a oportunidade de marcar o gol definitivo nunha gran xogada que finalizou cunha gran parada do porteiro David Ferreiro para deixar o empate final no marcador.Ficha partido.

 

No segundo partido da mañá en San Rosendo a tónica foi mui similar entre os dous alevíns de último ano, ainda que o resultado final foi de 1-2 favorable aos visitantes do Barbadas. O partido foi mui parexo, con moito mais control do balón por parte da EDC.Celanova que conseguía impoteñer un fútbol moito mais combinativo diante do partido mais físicoque propuñan os visitante. Así e todo eran contadas as ocasións pora calquera dos dous bandos, sendo no segundo tempo cando xa o cansancio e a pesadez do campo comenzaba a facer mella nos xogadores cando aparecerian as ocasions. Primeiro sería Mauro Dorado o que tería a oportunidade de adiantar ao Celanova, para a continuación en dous tiros lexanos ser o Barbadas o que tería a posibilidade de adiantar aos visitantes con dous tiros o poste eo largueiro.  E sería Axel Rodriguez o que o min.36 adiantaría aos visitantes co lanzamento dun libre directo mui discutido tras pitarlle unha man ao porteiro local nun saque de meta. O Celanova a pesar dun gol que no facía xusticia ao acontecido no camponon lle perdería a cara o partido e catro minutos para o final sería Martín Perez o que conseguiría empatar no rechace de un corner. Pero o partido ainda tería un último episodio por escribir xa que no último minuto sería Juan Muiños o que poría o 1-2 final para o Barbadas. Nun encontro no que o alevín-A mereceu por xogo un mellor resultado. Ficha 20141122 120605partido.

Imprimir

Cara e Cruz nos partidos de fútbol 8 para os equipos Benxamín "A" e Alevín "B"

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Despois de lograr a semana pasada a primeira victoria da tempada, o equipo do Benxamín "A" desprazábase este Domingo pola mañán para enfrontarse a un duro rival, como é o E. D. Ourense.

Comezaron mal o partido os de Celanova, posto que no minuto 3 xa perdían 1-0 con gol de Jose L. Sen case ningunha opción neste tramo de partido remataron a primeira metade con un resultado de 3-0 favorable ó equipo local.

Na reanudación do partido saíron os de Celanova un pouco máis enchufados, hata que nos minutos 35 e 40 chegaron dous novos goles, intentou reaccionar o equipo con un tanto de Iker, pero xa no tramo final do encontro toparíanse con dous novos goles, deixando de esta maneira un resultado de 7-1 para o cadro local. Ver ficha do partido.2CS 5176

Agardamos un novo fin de semana, para recibir desta vez ó lider da competición, o Pabellón C. F.

 

 

Por outra parte o Alevín "B" da E. D. C. Celanova desprazábase ó campo do Polígono. Contaba con moitas baixas o equipo de David Sotelo, polo que viaxaban 4 xogadores do Benxamín "A" ( IAGO, JOSE, H. PEREIRA E IKER ).2CS 5305

O equipo logrou unha amplia victoria, chegando ó descanso co marcador 0-4. Na segunda parte o equipo local logrou meter un gol, pero non foi suficiente para evitar que os de Celanova se fixesen co partido, xa que lograron 7 goles máis nesta segunda metade do encontro. Ó final victoria amplia do equipo visitante, que a vindeira semana tocaralle descansar.Ver ficha de partido.

 

 
Imprimir

Derrota do Cadete en Verín no último partido de liga regular

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

escudoCelanovaO equipo Cadete da E. D. C. Celanova visitaba nesta ocasión o que se convertiría campión desta primeira liga regular, ó E. D. C. Verín. Non comezou benj o encontro para os da Vila de San Rosendo, xa que no minuto 15 perdían por dous goles a cero, obra de Andoni e Emilio, resultado co que se chegaría o descanso.

Da mesma maneira que ó comezo do partido tamén tiveron os da E. D. C. Celanova un mal inicio na segunda metade, onde nos primeiros 20 minutos encaixaron 3 novos goles, dous deles materializados por Andoni e outro de Álex. Sen reacción posible encaixaban un novo gol no último minuto de partido, o seu autor foi Hugo.

O equipo cadete disputou o partido coa seguinte formación:


Titulares:

  1   PEREZ PEREIRA, ALEJANDRO
  2   MARTINEZ TIMOCO, DIEGO ALEJANDRO
  3   FERNANDEZ MONTERO, JOSE RICARDO
  6   VALADO DAPIA, RUBEN
  7   MIRANDA VARELA, CARLOS
  8   PEREZ OJEA GAEL
  9   CID IGLESIAS, IÑAKI
  10   MENDEZ FERNANDEZ, CARLOS
  11   CID FERNANDEZ, JULIO CESAR
  12   MOREIRA LUQUE, DANIEL JOSE
  15   FERRO ALVAREZ, LUIS


Suplentes:

  13     VERGARA SEOANE ALVARO
  14     GONZALEZ ALONSO, ANXO
  16     LOPEZ ALONSO, ROBERTO

 

ENTRENADOR

Francisco Camba "Paco"

SUSTITUCIONES

14   GONZALEZ ALONSO, ANXO       
8   PEREZ OJEA GAEL (49')
 
16   LOPEZ ALONSO, ROBERTO       
11   CID FERNANDEZ, JULIO CESAR (70')
 
13   VERGARA SEOANE ALVARO       
1   PEREZ PEREIRA, ALEJANDRO (72')
 

 

 

Rematada así esta liga regular, ahora o equipo cadete deberá agardar a confección do novo calendario, do cal sairán os seus próximos encontros.

Imprimir

Empate 2-2 do infantil en Verín que os clasifica para a ligilla final polo campeonato

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

IMG-20140920-WA0012O infantil disputaba o domingo pola mañá o último partido da primeira fase en Verín. O equipo necesitaba como mínimo empatar o partido para asegurar a quinta plaza que daba acceso a clasificarse para a liguilla polo título. A empresa presentabase dificil xa que o Verín e un dos candidatos ao ascenso. A EDC. xogou cunha intensidade mais alta que o seu rival e esa foi a clave do resultado, no primeiro tempo tivo o partido controlado conseguindose adiantar no marcador con gol de Iago o min.30, a raiz de iste gol o equipo baixou a intensidade o que provocou que o Verín no min. 36 con gol de Xabier, e tras un fallo defensivo conseguiran empatar o encontro. Para no min.39 se puxera por diante 2-1 con gol de Iván. Tra-lo descanso a EDC. consciente de que necesitaba o empate voltou a coller a renda do partido e empuxar todo o que partido, e xa no tramo final do encontro Adrián Viso nun rechace a saída dun corner conseguía o empate a 2-2 que resultaría definitivo no marcador. Ver ficha partido.

EDC.CELANOVA: Pereira (Gabriel 45 min.) - Vazquez (Anxo 28 min.)( Ismael 75 min.) - Alfonso ( Diego 68 min.) - Manuel - Carlos - Rivera - Damian - Adrian Prado - Iago - Fernando - Javi.

Imprimir

Previa futbol-8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

IMG-20141017-WA0013Dous encontros en San Rosendo e dous desplazamentos completan a xornada de iste fin de semana no fútbol-8. A xornada comenza o sabado co doble enfrentamento entre a EDC. e mais o Barbadas en San Rosendo. As 11:00 comenzaran o Benxamín-B para posteriormente xogar o Alevín-A 12.00, os dous partidos son de dificultade alta xa que son rivais da parte alta da taboa. O mesmo sabado o alevín-B desplazarase ao Poligono para xogar diante o equipo local que pecha a taboa clasificatoria, ainda que o EDC. desplazarase con moitas baixas que obligaran a levar varios Benxamins ten unha boa oportunidade para sumar os tres puntos. Mentres que pechará a xornada o Benxamín-A no campo da universidade o domingo as 10:30 outro partido de dificultade alta para os nosos.

Imprimir

Previa fútbol-11

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Fin de semana no fútbol-11 con doble enfrentamento ca EDC.VERÍN. Saída complicada para os dous equipos de f-11, comenzaran viaxando a capital do Támega o equipo cadete o sábado as 16:00 para medirse a un dos favorítos para pelexar ao ascenso a liga galega ao remate da temporada. Mentre o domingo pola mañá 11:00 serán os infantis os que viaxaran ao val de Monterrei para disputar un importante encontro, xa que dependendo do resultado o día anterior do Antela podería neesitar un punto para conseguir o obxetivo de clasificar entre os cinco primeiros que dan acceso a liguilla polo campeonato.En principio viaxaran todos excepto Alvaro que se queda fora da cIMG-20140429-WA0001onvocatoria.

Imprimir

Tres victorias e unha derrota no fútbol 8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

IMG-20141004-WA0001Con tres victorias e unha derrota rematou  xornada de fútbol-8 disputada o fin de semana. Dúas victorias foi o saldo dos dous partidos disputados no campo de San Rosendo, por un lado o Alevín-B conseguía gañar pola mínima 2-1 ao Ourense CF-D. Nun partido que se le puxo de cara con dos goles de Angel David e Rayco no primeiro tempo, pero que se lle complicou un pouco tralo gol de Da Silva mediada a segunda metade. Pola súa parte o Benxamín-A conseguia gañar de maneira clara o seu enfrentamento co Santa Teresita 5-0, e de iste xeito sumar os primeiros tres puntos da temporada, os goles foron 2 Hugo Pereira, Iago, Ainhoa e Victor en propia meta.

Polo que respecta a os duas saidas, o Alevín-A visitaba ao Carballiño donde consegía gañar con relativa facilidade 2-4 con goles de Martín, Cesar, Mauro, Jose Miguel. Mentres o Benxamín visitaba o dificil campo de Oira para caír derrotado or un amplio 8-1 diante do Ourense CF. A pesar da diferencia no marcador o equipo benxamín competiu a un bo nivel, conseguindo empatar o partido 1-1 gol de Pablo mediadio o primeiro tempo, e 3-1 o descanso. Encaixando os catro ultimos goles no tramo final do partido.

Imprimir

Duas derrotas co doble enfrentamento co Barbadas no f-11

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Doble enfrentamento co barbas a fútbol-11 no campo anexo a San Rosendo. En primeiro lugar os infantis caían derrotados por 0-3, nun partido mui competido e que se decidíu co 2-1 a quince minutos para o final. O Barbadas actual lider e que contaba os seus partidos por victorias sufriu mais da conta no Anexo para sacar o seu partido, os locais plantaron cara, e súa foi a primeira ocasión para adiantarse no marcador. Pero sería o visitante Adrián Vázquez o que marcaría a 5 min. do descanso. A segunda metade perdeu intensidade, o Celanova costaballe mais chegar a portería contraria, e a 15 min. do final Brais marcaría o 0-2. Xa no tramo final do encontro Pablo Gil deixaría o 0-3 definitivo. Con este resultado os infantis teñen que esperar ata o remate da última xornada de esta primeira fase, para ver se acadan o quinto posto que da acceso a liguilla dos que competirán polo campeonato ou se quedará na liga dos que a entran na Copa.

No que refire aos cadete tamén saíron derrotados por 1-2 co Barbadas. O partido foi tremendamente igualado, o Celanova adiantouse moi rápido cun gol de Gael no min.7, pero Yago igualaría primeiro opartido no min.30 e posteriormente no min.57 o propio Yago daríalle a volta o marcador. O celanova a falta de un encontro para rematar a primeira fase clasifica na 11ª posición co cal xa ten imposible o entrar no grupo dos cinco primeiros que pelearan polo campeonato.20141108 163351

Imprimir

Victoria y derrota en el doble duelo con el Ribeiro en futbol-11

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

IMG-20140920-WA0012Doble confrontación entre las categorías de infantil y cadete de la EDC.Celanova y el Ribeiro. El viernes se disputaba el primero de los encuentros en el numicipal de San Rosendo que terminaba con victoria local por 8-0, con goles de Rivera 3, Adrián Prado 2, Damián , Javi y Adri. El sabado sería el turno de los cadetes en el campo anexo siendo en este caso la vicoria para el Ribeiro por 0-3 en un encuentro en el cual el Ribeiro se mostró superior ante un EDC. que mostró un buen nivel competitivo.IMG-20140920-WA0012

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.