Actualidade - Fútbol

Imprimir

VICTORIA E DERROTA NO DOBRE ENFRONTAMENTO CO ANTELA C.F.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

O Xoves xogou o Alevín "B" o seu partido de liga fronte o Antela "B" no Anexo de San Rosendo. Nun partido moi igualado imporía o seu poderío físico o equipo Limián, inda que ata a segunda metade non abrirían o marcador.

O Alevín "A" pola contra xogaría o Venres no campo da Moreira fronte o Antela "A". Os de San Rosendo adiantaríanse pronto no marcador por medio de Iago, e a partir de ahi as ocasións foron constantes. O final 0 a 5, un resultado que garanzita unha meritoria septima praza na primeira division Alevín. Os goles foron obra de Iago en dúas ocasións e Mauro en tres.

CLASIFICACIÓN ALEVÍN A     CLASIFICACIÓN ALEVÍN B

 DSC6977

Imprimir

DOBRE ENFRONTAMENTO NO FÚTBOL - 11 CO OURENSE C.F.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Este fin de semana os rapaces do Cadete e do Infantil desprazaríanse ata o campo de Oira para disputar o seus partidos de play-off polo título.

O primeiro en xogar sería o Cadete, que sufriría unha dura derrota condicionada por dúas expulsións. No minuto 6 por medio de unha contra o Ourense C.F. adiantaríase no marcador. Seguiría o seu curso o partido ata chegar a polémica, corría o minuto 30 cando un balón que salía por liña de fondo era reclamado por os de San Rosendo, pero a xogada continuou e os locais porían o 2 a 0. As protestas dos de Celanova levaría 2 expulsións, co que o partido se complicaría moito máis. Xa no segundo tempo, despois de aguantar moitos minutos con 9 no campo, o Ourense C.F. racharía o marcador  metendo 3 goles máis antes do pitido final.

Xa pola tarde sería o Infantil o que xogaría o seu partido. Sabedores de que unha victoria clasificaría matemáticamente o equipo no ascenso a Liga Galega saliron moi enchufados no partido os rapaces. Na primeira parte gozaron de varias ocasiones Damián e Jose Miguel, pero non serían capaces de transformar. Xa na segunda parte o partido igualouse un pouco máis, pero os de Celanova seguían insistindo, e así, Mauro despois de unha xogada personal por banda izquierda poría o 0 - 1, e a tranquilidade de abrir o marcador fixo que os nosos rapaces gozasen de máis oportunidades ata o final. Con esta victoria o equipo clasifícase matemáticamente para a fase de ascenso a Liga Galega, NORABOA RAPACES.

CLASIFICACIÓN CADETE     CLASIFICACIÓN INFANTIL

 

20151122 141333

Imprimir

TRES VICTORIAS E DÚAS DERROTAS NAS LIGAS DE FÚTBOL-8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Xogaba o Domingo pola mañá o Alevín"A" o seu partido contra o Monforte. Non empezaría ven o partido, xa que o equipo visitante púñase 0-2 os 15 minutos, foi entonces cando os locais reaccionaron e acortaron diferencias de penalty que transformaría Mauro. Sería tamén Mauro o que poría o 2 a 2 xusto antes do descanso. Na segunda parte os nosos rapaces saldrían máis enchufados que na primeira e adiantariánse pronto no marcador, o que deixaría o equipo Monfortino tocado. Xa nos intres finais o Celanova volvería a marcar o 4 tanto ampliando a súa ventaxa, e Mikael atraparía un penalty para os locais no último suspiro do partido.

O Sábado pola mañá o Alevín "B" desplazaríase ata Rivadabia para xogar o fronte o Ribeiro. Un partido moi igualado onde os nosos rapaces conseguirían ir por diante no marcador antes do descanso con un gol de Hugo Pereira. Xa na segunda parte o equipo local apretaría e conseguiría marcar o gol do empate, pero foi nos últimos intres do encontro cando Iago transformaría o definitivo 1-2.

O Benxamín "A" e Benxamín "B" xogaron os seus encontros o Viernes pola tarde fronte os equipos de A Peroxa e Arrabaldo "B" respectivamente. Sendos partidos disputáronse nunhas condicións atmosféricas moi duras, o que ten o doble de valor para estes nenos. O Benxamín "A" sería amo e señor do encontro de principio a fin, os goles de Pablo e Mauro antes do descanso, xunto o de Álvaro e outro en propia porta porían o 4-0 final no marcador. 

O Benxamín "B" pola contra, caería fronte o Arrabaldo "B" nun partido moi igualado, onde o final se decantou hacia o lado dos visitantes polo seu poderío físico. O resultado final foi de 2-5 con goles de Bruno e Adán.

Os máis cativos da escola de fútbol viaxarían ata terras Ourensanas para xogar contra O Bosco ás 7 da tarde no colexio dos Salesianos. O partido comenzou con dominio dos nosos rapaces, que tiñan ocasións pero costaballe materializalas. O marcador abririao Raúl para os Celanovenses cun tiro cruzado despois dun corner, e con este chegaría o descanso. Xa na segunda parte o Bosco apretou nos primeiros compases e conseguiría o seu premio dandolle a volta o marcador. Os últimos 15 minutos sería un acoso e derribo do cuadro de San Rosendo, pero igual que na primeira parte non serían capaces de facer valer as ocasións, co que se chegaría o final do encontro co marcador de 1-2.

 

CLASIFICACIÓN ALEVÍN "A"   CLASIFICACIÓN ALEVÍN "B"   CLASIFICACIÓN BENXAMÍNS   CLASIFICACIÓN PREBENXAMÍN

 

EDC CELANOVA 1 - UD OURENSE 4 12 DSC6977

 

 

Imprimir

PLAY-OFF CADETE E INFANTIL

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

O Sábado póla mañá no "Anexo de San Rosendo" disputaban o equipo Cadete e Infantil o seus respectivos partidos de Play-off polo título. O Cadete xogaba fronte a U.D.Ourense e o Infantil facía o propio fronte o Pabellón C.F. "B" con resultados opostos.

Empezaban ven os nosos rapaces do Cadete o partido, Brais sería o encargado de abrir o marcador para os locais no minuto 10 da primeira parte, pero sen dar tempo a celebracións, xusto un minuto despois, os visitantes porían o 1-1. Esto non fixo decaer os ánimos, e tan só 10 minutos despois Iago transformaría un penalty para voltar a adiantar os de San Rosendo e chegar así o descanso. Na segunda parte cambiaría o guión, e tras 8 minutos de desconcerto o equipo visitante conseguiría empatar o partido e darlle a volta o marcador, ata chegar a distanciarse a dous goles. Xa na recta final do partido o equipo da U.D. Ourense conseguiría o gol que pecharía o partido cun marcador de 2 - 5.

O equipo Infantil tiña outro duro partido por a loita dos postos que dan acceso a xogar o ascenso a Liga Galega. Adiantaríanse moi cedo os de San Rosendo cun golazo de falta lanzado por Rivera. A primeira parte transcurriu moi igualada para os dous equipos, e ningun foi capaz de voltar a mover o marcador. Xa na segunda os nosos rapaces saliron moi enchufados no partido, sabían que gañando daban un paso importante nesa loita polos postos de privilexio, e así foi, a pouco de comenzar a segunda parte Martín poría o segundo gol no casilleiro, e foi a partir de ahí cando os locais se soltaron e colleron o mando do partido. O 3 a 0 conseguiríao Mauro, pero o Pabellón non se rendería tan fácilmente, e puxo o 3 - 1 no marcador inmediatamente. Mauro e Rivera de penalty porían o 5 - 1 definitivo. Con este resultado achéganse un pouquiño máis os postos de ascenso.

 

CLASIFICACIÓN CADETE     CLASIFICACIÓN INFANTIL

 

xP1740200.JPG.pagespeed.ic.Wh9R3gTku1

Imprimir

XORNADA DO 27 DE FEBREIRO NO FÚTBOL 11

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

O Cadete xogaba o seu encontro de play-off polo título como local fronte o Antela. O equipo Limiano salía o campo moito máis enchufado o partido que os nosos rapaces, gracias a eso conseguirían adiantarse en 15 minutos con un marcador de 0-2. O resultado adverso faría reaccionar os locais, que convertirían o partido nun "monólogo", e en tan só 10 minutos conseguirían o empate a 2 goles, marcados por Isma e Brais. Remataría con empate a primeira parte, pero a segunda seguiría o mesmo guión, o Celanova apoderándose do partido, así chegarían o terceiro gol obra de Fer, o cuarto e quinto anotados por Iago, e o sexto por Gael. O marcador final sería de 6 - 2.

O Infantil xogou fronte o Barbadás, líder do play-off polo título e con moitas opcións de ascenso a Liga Gallega, na tarde do Sábado no "Anexo de San Rosendo". A taboa non engaña, e así o demostrou o líder en Celanova, dominio no primeiro tempo e os nosos rapaces aguantando heróicamente o tirón. Ese aguante viuse recompensado mediante un Gol de penalty que transformaría Rivera para por o 1-0 antes do descanso para despois seguir "remando". Na segunda parte o Barbadás imprimiu máis ritmo no xogo e anotaría o gol do empate no minuto 55. Os nosos rapaces seguirían loitando para arañar un empate, pero o Barbadás non se rendiría e a falta de 3 minutos para o final poría o definitivo 1-2. Sen duda un gran esforzo dos Infantiles que a piques estiveron de darlle un susto a un gran equipo. CLASIFICACIÓN CADETE  CLASIFICACIÓN INFANTILfoto cadete 2

Imprimir

LIGA PREBENXAMÍN COPA FÚTBOL - 8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

O Sábado as 10:15 da mañá xogaría o Prebenxamín no campo do Arrabaldo. Os nosos rapaces aguantarían ben o partido fronte un equipo que a pesar da idade tan pequena intentan xogar un fútbol vistoso. Os de Celanova non lle perderían a cara o partido e gozarían de varias ocasión que non puideron materializar. Dous goles na primeira parte, e outros dous na segunda porían o punto e final no encontro. CLASIFICACIÓN COPA PREBENXAMÍN DSC7221

Imprimir

LIGA MOVISTAR BENXAMÍN DE FÚTBOL - 8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

 DSC0341O Sábado ás 12:00 xogou o Benxamín "A" o seu encontro fronte o equipo de A Purísima no "Anexo de San Rosendo". A primeira parte sería moi igualada, inda que os nosos rapaces conseguían adiantarse os 5 minutos con un gol de Mauro Mociño, o equipo visitante poría as taboas pouco antes do descanso. Xa na segunda parte o Celanova conseguiría por terra de por medio en tan so 5 minutos, con 2 goles de Antón Reza e outro de Ángel. Non se rendirían os contrincantes, xa que marcarían outro gol que sería contestado por o equipo Celanovés, o autor do tanto sería Xian, deixando o marcador final nun 6 a 2 para os de San Rosendo.

O Benxamín "B", pola súa parte, xogou o seu partido o Viernes as 19:00 no "Anexo de San Rosendo" fronte o equipo de A Peroxa. Presentábase un partido moi igualado entre os dous conxuntos, e así foi. Nos primeiros 10 minutos os visitantes saíron moi enchufados o campo e atopáronse moi rápido co gol. Foi a raíz de ese momento onde os locais reaccionarían e conseguirían aguantar o empuxe rival, inda así irían o descanso co mismo marcador. Xa na segunda parte os rapaces da EDC Celanova saliron moito máis enchufados no partido e conseguirían darlle a volta o marcador con goles de Bruno Márquez e Adán nos primeiros 15 minutos da segunda parte. O equipo rival non se rendeiu e conseguiría no último suspiro do partido marcar o gol do empate e por punto e final a un emocionante partido. CLASIFICACIÓN BENXAMÍN

 

Imprimir

LIGA ALEVÍN DE FUTBOL-8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

O Sábado as 11:00 disputou o Alevín "A" no "Anexo de San Rosendo" un apaixoante partido fronte o lider da competición, o Pabellón "A". As primeiras ocasións serían a cargo dos nosos rapaces, plantándose solos diante do porteiro visitante ata duas veces, pero non lograrían materializar as ocasións para adiantarse no marcador. Din no mundo do fútbol que "o que perdoa, paga", e así foi, o Pabellón adiantaríase no marcador ata o resultado de 0 a 3 co que iríamos o descanso. Xa na segunda parte o Pabellón encontrouse máis cómodo dentro do campo e levou o partido o seu terreo, onde conseguiu imporse o final por 2 goles a 6, resultado demasiado amplo para o que se viviu sobre o campo. Os goleadores do Celanova foron Adrián Mociño e Aitor.

Tocaríalle o turno o Alevín "B" as 16:00 no campo de "Os Carrís" fronte o Barbadás "B", onde os locais foron moi superiores durante todo o encontro, rematando con un rotundo 10 - 0. CLASIFICACIÓN ALEVÍN "A" CLASIFICACIÓN ALEVÍN "B"

Imprimir

DOBLE ENFRONTAMENTO CO PABELLÓN NO FUTBOL-11

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

cadete pabellon 2Este Domingo o equipo Cadete e Infantil viaxou ata Ourense para disputar os seus respectivos partidos de PLAY OFF polo título fronte o Pabellón Promesas no campo "Miguel Ángel" de "Os Remedios".

Abriría o telón o Cadete as 10:00, donde o partido comenzou con dominio dos nosos, os cales desaproveitaron varias ocasións de gol dentro da area e a balón parado, indo o descanso cun inxusto 0-0. Na segunda parte o equipo local saliu máis enchufado no partido e atopouse rápido cun penalty a favor, o cal poría o 1-0 no marcador e mermaría os ánimos dos nosos rapaces, que sen tempo para reaccionar encaixaron o dous seguintes goles, rematando o partido co marcador de 3-0.

As 12:00 sería o turno do Infantil, donde o partido comenzou con dominio do Pabellón Promesas, pero os nosos Infantiles aguantaron en defensa e por medio de unha contra poría o 0-1 no marcador Martín, pero o Pabellón rápido poría o empate no marcador. na última xogada da primeira parte o Celanova volvería golpear, e poría o 1 a 2 no marcador, obra de Diego. Na segunda parte seguiría o mesmo guión, os locales empuxaban e os nosos rapaces aguantaron heroicamente. O empate lograriano os locais a falta de 10 minutos para a conclusión, este gol foi un mazazo para o equipo que fixera un esforzo enorme, os locais seguiron na busca da victoria e atoparona a falta de 5 minutos do pitido final pondo o definitivo 3-2. CLASIFICACIÓN CADETE CLASIFICACIÓN INFANTIL

Imprimir

Mauro Dorado convocado para adestrar coa selección galega de fútbol-8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Mauro seleccion f-8Por primeira vez unha convocatoria dun xogador da escola cunha selección galega de fútbol-8. Mauro Dorado foi convocado para adestrar o martes 16 de Febreiro coa selección galega de fútbol-8 en Cambados, por primeira vez un xogador da escola de fútbol do concello de Celanova e seleccionado par aunha convocatoria de estas caracteristicas, compartindo lista con xogadores do Deportivo, Celta, Lugo e Ferrol. E demostrando que dende a escola de fútbol de Celanova tamén se ten a posibilidad de crecer e ter a visibilidad para acceder a iste tipo de oportunidades. Recordar que Mauro Dorado tamén está na selección galega de fútbol sala e con moitas opcións de ir a disputar o seu segundo campionato de España a Cataluña.

Imprimir

Non houbo paron para os benxamins e prebenxamin de fútbol-8.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

20141005 110205Benxamins e prebenxamins foron as únicas categorías de fútbol que non tiveron parón polos carnavales. O Benxamin- A adiantou o seu encontro ao Xoves, para xogar co Antela de Xinzo e gañar de forma clara 8-3, onde os limiaos penalizaron o ser de primeiro ano. Ficha do encontro benxamin-A. Mentres que o Venres pasaría o contrario no enfrentamento entre o noso Benxamin-B cos nenos da Purísima case que todos de segundo ano, nun partido onde os nenos da EDC.Celanova competiron a un gran nivel e solo no tramo final entregaron o encontro diate de un equipo un ano maior.Ficha do encontro Benxamín-B. Clasificación Benxamins.Tamén o venres o prebenxamín adiantaba o seu partido o Prebenxamín co Barbadas-B para conseguir a victoria por 7-3, nun encontro que estivo moi igualado e donde os celanovenses conseguiron distanciarse no tramo final. Ficha do encontro Pre-benxamins. Clasificación Pre-benxamins.

Imprimir

O infantil perdeu pola minima no Pabellón 1-0.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

A pesar de non haber xornada de liga o equipo infantil aproveitou o descanso polo carnaval para disputar o encontro suspendido no seu momento polo mal tempo diante do Pabellón Promesas en Ourense. Partido sin moita historia, con moi poucas ocasións por parte dos dous equipos, sendo a primeira e mais clara a cargo de José Miguel pa EDC.Celanova, que enviou o balón o longueiro para posteriormente cair na linea de gol pouco antes de finalizar o primeiro tempo. Mentres que o Pabellón tmén tería a súa, esta vez finalizando o segundo tempo, cun tiro loxano de Luis que si se colaría na portería de David Pereira cando xa se vislumbraba un final con empate a cero .foto cadete Ver ficha partido . Ver clasificación.

Imprimir

Soamente tres encontros na xornada de futbol-8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Soamente tres encontros se disputaron na xornada de fútbol-8, xa que o alevín-B e o Benxamín-A descansaron, cunha victoria do prebenxamín e dúas derrotas como vagaxe. Comenzou a xornada o sabado pola mañá coa victoria en Allariz do prebenxamín, nun partido comodo e que gañou a EDC.Celanova con claridad. Raúl(3), Alex(2),Adrián(2),Ramón(2) e Nuria foron os goleadores celanovenses. Ver ficha do partido. Ver calsificación.

O sabado pola mañá tamén xogou o seu encontro o Benxamín-B no Anexo 3-6 diante do Antela, nun partido mui igualado e que se rompería no tramo final a favor dos visitantes. Adan, Franc e Bru foron os goleadores locais. Ver ficha do partido. Ver clasificación.

Pechou a xornada o alevín-A cun complicado desplazamento a Verín, nun encontro diante dun dos aspirantes a disputar o campeonato galego. Comenzou de menos a mais o encontro, ainda que nada poido facer e caiu po 4-0. Ver ficha do partido. Ver clasificación.  IMG-20141203-WA0011

Imprimir

Fútbol-11: Derrota do infantil en Velle e empate do cadete na sua visitas a Allariz.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Xornada con partidos importante no fútbol-11, o infantil desplazábase a Velle para xogar diante dun dos equipos cós que vai competir por unha praza na fase de ascenso a liga galega. Mentres o cadete facía o propio a Allariz, equipo que o precedía na clasificación e que de gañar podía permitir acercarse as plazas de fase de ascenso. Ao final malos resultados para ambos, o infantil comenzou gañando cun gol de Dieguito e dispuxo de ocasions no primeiro tramo do encontro para distanciarse mais no marcador, pero foi a menos según foi avanzando o encontro para rematar perdendo po1-3. Mentres os cadete conseguiron un empate que se antoxa pobre para os merecementos que tubo e para a aspiración de acercarse as prazas de fase de ascenso. Comenzaron dominando e dispondo de ocasión, pero o Allariz en dúas contras iriase 2-0 ao descanso, xa na segunda metade Iago e Gael porían o empate difinitivo para a EDC.Celanova. Ver clasificación infantiles. Ver clasificación cadetes. foto cadete

Imprimir

Exitoso fin de semana nas categorías de futbol-8.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Fin de semana exitoso nas categorías de fútol-8, catro victorias e tan só unha derrota do benxamín-B no seu desplazamento ao Ribeiro. Comenzou o fin de semana coa victoria do Benxamín-A, EDC.Celanova 11-1 ST.Teresita, nun encontro claro para os locais dende o primeiro momento. Goleadores Carlos(2), Antón (2), Angel(2) Sofía, Xián, Darío, Pablo, Mauro. Ver ficha do partido.   

Polo que respecta ao Benxamín-B caiu derrotado no seu desplazamento ao Ribeiro 5-0, cunha primeira metade donde o Ribeiro foi superior mentras na segunda a EDC.Celanova consegiui igualar o partido pero xa cunresultado adverso no marcador. Ver ficha do partido.

Polo que respecta a clasificación o Bnexamín-A continua na terceira posición da taboa, mentres o Benxamin-B está situado na decimoprimeira posición. Ver clasificación Benxamins.

Os dous alevins xogaron o sabado pola mañá no sintético en Celanova, conseguindo gañar os seus encontros con relativa comodidad. Primeiro foi o alevín-B que gañou o seu encontro con claridade 6-0 diante do Velle-C, nun partido de claro color local dende o principio e logo da súa victoria en Allariz lle permite encadenar dous encontros seguidos gañando. Ver resultado e clasificacion.   Ver ficha do partido

Posteriormente xogou o Alevin-B para gañar 4-3 o seu encontro diante do Carballiño, nun partido que se lle complicou dende o principio mais do esperado, e que tan só ao principio do segundo tempo deu a sensación de que o poderían sacar adiante, ainda que con bastante posuco xogo e ideas. Ver resultados e clasificacionVer ficha do encontro.

Imprimir

Empate no dobre enfrentamento EDC.Celanova e Ourense en infantiles e cadetes.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

foto cadete 2A xornada do fin de semana deparavanos un dobre enfrentamento no fútbol-11 entre a EDC.Celanova e o Ourense. Dous empates e moita emoción nos dous encontros.Na tarde do sabado xogaban os cadettes para empatar 2-2, nun encontro moi disputado no que o Ourense comenzou adiantandose no marcador por duas veces 0-1 e 1-2 pero que o Celanova foi quen de empatar primeiro Carlos, e xa na última xogada do encontro cunha execución maxistral dunha falta directa Brais. E de esta maneira conseguir o primeiro punto en esta segunda fase por o titulo e mais pola clasificación para disputar a fase de ascenso a liga galega. Ver resultados e clasificacions. Ver ficha do partido.

Polo que respecta aos infantis xogarían o seu partido o domingo pola mañá, para voltar a rematar en empate 4-4. Multitude de goles e emoción, pero que de esta vez quedamonos coa sensacion de perder os dous puntos. Comenzou o encotro adiantandose no marcador o Ourense moi rápido Brais min.4 para conseguir darlle a volta a EDC.Celanova con dous goles de Damián e Mauro antes do descanso. Nada mais arrancar a segunda metade o Ourense voltaba empatar por medio de Israel. De novo a EDC. empuxou e conseguiu distanciarse no marcador con dous goles de Damián e  boas oportunidades de Mauro, Martin e Rivera para marcar o quinto. Pero no tramo final do partido e en duas contras o Ourense por medio de Iago e Kevin igualaría o partido para por o marcador final que ben puido cambiar Mauro nun mao a mao co porteiro que enviou ao poste. Sensación de que se perderon dous puntos, pero tamén punto importante o que se gañou que no manten na pelea polos pontos que danacceso a fase de ascenso. Ver resultados e clasificación. Ver ficha do partido.

Imprimir

Victoria , empate e duas derrotas na xornada de futbol-8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Xornada de fútbol-8 o domingo, con catro partidos como local. Comenzaba o Benxamín-A cunha contundente victoria sobre o Allariz, nun encontro onde se mostrou superior dende o principio, e que lle valeu para cortar a racha de dúas derrotas da doble xornada do puente da Constitución. Resultado e clasificacións benxamín A e benxamín B. Ficha do encontro.

Posteriormente xogaría o seu encontro o Alevín-A, partido diante dun dos equipos importantes do grupo EDO Ourense( 4ºclasificado) e que de gañar deixariaos preto dos postos que dan acceso a campeonato galego. Empezarían mellor os celanovenses que con un gol de Mauro cobraban ventaxa e mostraban un mellor xogo, pero pouco a pouco a EDO.Ourense iriase metendo no partido ata conseguir poñerse por diante no marcador 1-2 con dous goles de Iker. Ao final de novo Mauro voltaría empatar para a EDC.Celanova, un resultado xustopara un bo partido. Resultado e clasificacions Alevín. Ficha do encontro.

As dúas derrotas virían a cargo dos Alevins-B e mais o Prebenxamín. Comenzaba o alevin-B diante da EDO.Ourense-B, nun dueo mui desigual, onde o gran potencial dos ourensans unido as baixas dos celanovenses propiciou un partido mui desequilibrado e de craro color visitante, onde os locais non foron competitivos en nigun momento. Resultado e clasificación alevin-B. Ficha encontro.

Pola súa parte o pebenxamín pechaba a xornada co Antela, un primeiro tempo mui competido 0-3 no marcador para os de Xinzo pero con moita intensidade polas dous equipos, deu lugar a un segundo tempo onde a EDC.Celanova tuvo un nivei competitivo moito menor 2-9 no marcador, sendo Andrea e Samuel goleadores celanovenses. Pondo final a unha semana un tanto agetreada e chea de emocions para os mais cativos da escola, coa disputa de duas xornadas de liga e o torneo de Nadal entre medias. Resultados e clasificacions alevins. Ficha encontro.

 

EDC CELANOVA 1 - EDC BARBADAS 5 46

Imprimir

Doble derrota diante do Pabellón do infantil e cadete.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

A terceira xornada da segunda fase a fútbol-11 deparaba un doble enfrentamiento entre os equipos da escola e o Pabellón Promesas. Comenzaban enfrentadose os equipos cadetes, o partido poriase mui rápido a favor dos visitantes, cun 0-2 mediada a primeira metade que presumía un encontro comodo para os Pabellonistas. Pero primeiro Iñaki o rematar unha falta 1-2 antes do descanso. Para logo Adrián 2-3 e outra vez Iñaki 3-4 en sendas accións de estratexia, mantiveron a emoción do resultado ata o final. Resultados xornada e clasificacions. Ficha do encontro.

A continuación serían os infantis os que lle correspondería disputar o seu encontro, que tuvo un guión mui parecido no seu comenzo, onde a EDC.Celanova encaixaría mui rápido dous goles 0-2 para logo ser quen de manter un bo nivel competitivo, ata chegar ao tramo final do encontro onde se distanciaría o Pabellón no marcador 0-5 con dou goles nos minutos finales. Resultados xornada e clasificación. Ficha do encontroDSC00811.

Imprimir

Victoria do infantil e derrota do cadete no comenzo da segunda fase das ligas provinciales.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Iste fin de semana comenzaban as segundas fases das ligas provinciales. O sabado o cadete recibía ao Verín máximo favorito para conseguir o ascenso e o campeonato. O encontro tuvo calro color visitante, o maior potencial do equipo visitante cunha maioria de rapaces de segundo ano sumado a algunhas baixas por lesión na EDC. fixo que o partido fose menos competido do que nos gustaría. Dous goles en cada tempo deixaron o marcador final de EDC.CELANOVA 0-4 VERÍN, nun encontro en donde nunca tivemos opcións.

O domingo tecaballe o turno os infantis para disputar o seu primeiro encontro da segunda fase diante do Ribeiro, equipo que na primeira liga clasificarase xusto por diante de iles na clasificación. Partido moi intenso onde a pesar da igualdade entre os dous equipos, a EDC. tivo as mellores ocasións, ainda que tivo que esperar ao tramo final do encontro para coller diferencia no marcador, EDC.CELANOVA 3-0 RIBEIRO. Resultado importante de cara ao golaverag, xa que previsiblemente son dous equipos que deberían estar mui cerca na clasificación.IMG-20150318-WA0002

Imprimir

Moitas victorias no futbol 8 esta xornada.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Catro victorias é unha derrota nos cinco encontros disputados iste fin de semana a fútbol 8. Comenzaba a xornada o Benxamín A o venres pola tarde na Peroxa, onde conseguiron gañar o seu encontro Peroxa 5-9 EDC.Celanova, nun encontro moi entretido e cunha gran cantidad de goles. Mauro(4) Pablo(2), Alvaro, Adrián e Jorge marcarón para os celanovenses.

Madrugou o Prebenxamín o Sabado pola maña no Anexo a San Rosendo para conseguir gañar un encontro moi disputado, e onde no segundo tempo foron quén de remontar un resultado adverso de 1-3. Raúl(2) Alex, Yerik e Adrián foron os goleadores.

O Sabado pola tarde foi o turno do Alevín A, para disputar xa case de noite o seu encontro diante do Monforte, nova victoria Monforte 3-5 EDC.Celanova, un partido onde a pesar de comenzar perdendo 1-0, a EDC. foi capaz de remontar e ir cunha certa ventaxa no marcador. Mauro(4) é Rayco autores dos goles.

Xa o Domingo pola mañá remataron a xornada o Benxamín-B , Arrabaldo-Edc.Celanova 6-0, nun encontro donde comenzaron encaixando dous goles mui rápido o cal xa condicionou moito o desenrolo do encontro. Mentres no Anexo era quen de gañar o seu encontro EDC.Celanova 8-4 Ribeiro en outro encontro con moitos goles e donde sempre o marcador foi favorable a EDC. Iago(3), Ainhoa(2), Hugo Pereira(2), David Castro marcaron para o equipo local.2CS 3060 

Imprimir

O infantil e cadete clasificados para a disputa da fase final tra-lo remate da primeira fase.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

IMG-20151127-WA0003Rematou a primeira fase do campionato de liga en categoría infantil e cadete, coa clasificación por primeira vez dende fai anos dos dous equipos para a disputa da fase final. Esta fase final disputana a doble volta en formato de liga os catro primeiros clasificados de cada unha das duas ligas de 11 equipos que compuñan a primeira volta. O equipo cadete conseguiu o pase tras realizar unha gran primeira fase, onde únicamente foi superado polo Verín e que lle valeu para finalizar segundo do seu grupo. Mentras o equipo infantil conseguiu o pase no último encontro o gañar ao Antela por 3-2 equipo co que se xogaba o cuarto posto que daba acceso.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.