Actualidade - Fútbol

Imprimir

CATRO DERROTAS NO F8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Derrota do Benxamín "B" ante o Ourense C. F. 1-5 foi o resultado final,o gol dos locais foi obra de Carlos. Bo rendemento a pesar do marcador diante dun bo equipo. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Complicado encontro o que debería disputar o Benxamín "A" ante o Pabellón C. F., marcador moi amplio para os locais e pouco puideron facer os da E. D. C. Celanova. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Dobre duelo o que disputaban os dous Alevíns da E. D. C. Celanova ante o Ribeiro. No primeiro encontro o Alevín "A" perdería 0-1. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

E xa, a continuación, no segundo partido, o Alevín "B" tamén perdería por un tanto de difenrencia, 1-2- sería o resultado final, o gol dos locais conseguiríao Adrián. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados. 20141122 120605 

Imprimir

RIBEIRO, PABELLÓN E OURENSE C. F. SERÁN OS RIVAIS NO F8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Xogarán como locais o Sábado a mañán o Alevín "B", o Alevín "A" e o Benxamín "B", os dous primeiros farano diante do Ribeiro, cada un na súa correspondente categoría, e o Benxamín "B" farao diante do Ourense C. F. Os horarios serán; Alevín "B" 10:30 h, Alevín "A" 11:30 h e Benxamín "B" 12:30 h, todos eles no Municipal de San Rosendo.

O único equipo que viaxará será o Benxamín "A", visitará ó Pabellón o Sábado a mañán dende as 11:00 h.IMG-20141025-WA0014

Imprimir

O CADETE VIAXA A VELLE E O INFANTIL XOGA COMO LOCAL

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

O equipo Cadete da E. D. C. Celanova xogará diante do Velle "B" na tarde do Sábado, dende as 18:00 h no campo da Aira.

Por contra o Infantil disputará o seu encontro como local o Domingo pola mañán a partires das 11:30 hante o Arrabaldo.DSC00803 - copia

Imprimir

UNHA ÚNICA VICTORIA E TRES DERROTAS

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

O Benxamín "B" perdía por 4-1 ante o Pabellón. Pouco puideron facer os pupilos de Rubén Carballo que antes do descanso xa perdían por dous goles a cero. Logo da reanudación, un novo gol dos locais, e a falta de 7 minutos para o remate, Mauro puña o 3-1, pero 3 minutos máis tarde sentenciaría Joel con 4-1. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Nada puido facer o Benxamín "A" ante un dos equipos máis fortes da categoría, a ED Ourense. Hugo conseguiría o primeir gol no minuto 10 do encontro, para que posteriormente aparecese Victor e conseguise realizar un hat trick en apenas sete minutos. Xa na segunda metade tres novos goles dos visitantes nos últimos nove minutos do partido pecharían o marcador. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

O dobre desprazamento dos dous Alevíns a Barbadás saldouse con unha derrota e unha victoria. Protagonizaba a victoria o Alevín "B", 0-2 sería o resultado final nun partido no que Rayco sería o protagonista ó conseguir os dous tantos dos visitantes. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Por contra o Alevín "A" non sería quen de gañar, 2-0, e os dous tantos antes do descanso daríanlle a victoria ós locais. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.2CS 5299

Imprimir

DOBRE DESPRAZAMENTO A BARBADÁS E UN PARTIDO COMO LOCAIS

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Os dous Alevíns da E. D. C. Celanova, protagonizan o dobre desprazamento a Barbadás, ambos partidos se xogarán no campo dos Carrís na mañán do Sábado dende as 11:00h.

Por contra o Benxamín "A", xoga como local, o Sábado pola mañán, tamén as 11:00 h, nun partido moi complicado ante a ED Ourense.

O Benxamín "B" tamén viaxará esta fin de semana, farao a Ourense o Domingo a mañán para xogar ante o Pabellón "B" a partires das 10:30h.2CS 5320

Imprimir

UN SÓ ENCONTRO DE FÚTBOL 11

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Na mañán do Domingo enfróntase o Infantil ante o Pabellón "B", será no campo Miguel Ángel dos Remedios a partires das 11:30 h.DSC00799

Imprimir

DERROTA, EMPATE E VICTORIA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Protagonizaba a derrota o Benxamín "B" ante o Antela "B". Moi pouco puideron facer os de Celanova ante un rival que foi superior en todo momento, 0-7 foi o resultado final. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Sería o Benxamín "A" o que conseguiría empatar na casa do Santa Teresita. Lograban porse por diante os visitantes 0-2, con goles de Iker e Iago, a falta de 14 minutos para o remate do encontro, pero non foron quen de conservar a vantaxe obtida. Primeiramente Carlos, e logo César a falta de 5 minutos para o remate, serían quenes lograrían os dous tantos para empatar o encontro. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

6-3 sería o resultado que acadaría o Alevín "A" ante o C. D. Arenteiro. Adiantaba César no minuto 12 ós da E. D. C. Celanova para que tres minutos máis tarde chegase o empate co que se iría ó tempo de descanso. Ós cinco minutos da segunda metade, de novo César, puña o 2-1, pero inmediatamente empataban os visitantes, un minuto máis tarde, e por terceira vez, César conseguiría o terceiro tanto, logo Mauro por dúas veces e José Miguel serían os autores dos tres tantos restantes que darían a victoria ó cadro local. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.2CS 5176

Imprimir

VICTORIA DO INFANTIL E DERROTA DO CADETE

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Lograba a victoria o equipo Infantil ante o Monforte no encontro que se celebrou na mañán do Sábado. Foi, no minuto 36, Diego Rivera o que abriría o marcador, e a falta de un minuto para o descanso Adrián Viso faría o 2-0. Xa na segunda metade, en tres minutos Gabriel Méndez era quen de marcar dous novos goles e deixar o 4-0 definitivo. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Por tres goles a catro caía derrotado o Cadete da E. D. C. Celanova. No minuto 22 adiantábanse os visitantes por medio de Pablo, e David Alén, a falta de tres para o descanso lograba o empate. Non chegaría aínda o tempo de descando, xa que tres minutos máis tarde, Jesús adiantaba de novo ó Chantada. Xa na segunda metade e con 8 minutos disputados, de novo Pablo, puña o 1-3 no marcador. A partires dese intre reaccionaron os locais hata acadar o empate, primeiro Dani e logo Miranda, pero a mala sorte faría que nos últimos intres do encontro encaixasen un novo gol, novamente Pablo, par desta maneira caeren derrotados. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.20141222 170105 

Imprimir

CATRO ENCONTROS COMO LOCAIS NO F8 E F11 NA MAÑÁN DO SÁBADO

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

O primeir partido do Sábado a mañán disputarao o Infantil, as 10:30 h, ante o Monforte. Xa as 11:00 h xogará o Alevín "A" diante do Arenteiro, e unha hora máis tarde, 12:00 h, farao o Benxamín "B" ante o Antela "B". Tamén as 12:00 h levará a cabo o seu partido o equipo Cadete, quen recibirá ó Chantada.

A única saída realizaraa o Benxamín "A", que visitará o campo de Eiroás na mañán do Domingo, 10:00 h, onde buscará a súa segunda victoria do campionato.20141122 123136

Imprimir

INVITACIÓN DO OURENSE BALONCESTO

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol

O Ourense Baloncesto invitou a escola de fútbol de Celanova, entre outras moitas, para disfrutar do partido que disputarán os locais, líderes da competición, ante un dos aspirantes ó título, o Ford Burgos. Unha representación da escola de fútbol poderá ver esta tarde noite, no Pazo dos Deportes Paco Paz un dos encontros máis atractivos da Liga Adeco Oro.TodosSomosCOBNoticia

Imprimir

SOAMENTE DOUS ENCONTROS NO F8 NESTA FIN DE SEMANA DE ENTROIDO

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Adiantará o seu partido o Alevín "B" para o Venres dende as 18:30 h, ante o Polígono. Encontro no que os da E. D. C. Celanova intentarán acadar tres novos puntos para seguir loitando por os catro primeiros postos da clasificación.

O equipo do Alevín "A" viaxará na mañán do Sábado para visitar ó Ourense C. F. no Municipal de Oira dende as 12:00 h. Os de Celanova tratarán de dar a mellor versión de sí, nun partido que se presenta moi dificil ante o líder da categoría.20141130 222301

Imprimir

Ó ALEVÍN "B" LOGRA A ÚNICA VICTORIA DO F8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Dura derrota do Benxamín "B" ante o Verín. Apenas ían 10 minutos de encontro e xa perdían os da E. D. C. Celanova por tres goles a cero, e no último tramo da primeira metade, outros tres novos goles antes do descanso. O comenzo do segundo tempo non foi mellor, e encaixaron outro tres goles por tan só un que logrou Carlos. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Por 0 goles a 6 sería o resultado co que remataría o encontro que xogaban o Benxamín "A" e o Pabellón Promesas. Xa no minuto 15 perdían por 0-3 e a falta de un minuto para o descanso encaixarían novamente. Unha pequena melloría na segunda metade ixo que só encaixasen 2 novos goles a falta de cinco minutos para o remate do partido. Ver ficha de Partido. Ver clasificación e resultados.

A única victoria do F8 lograríaa o Alevín "B" no Municipal de Oira ante o Ourense C. F. Púñanse por diante os visitantes, de maneira que no minuto 13 Rayco xa conseguira 2 tantos, en 10 minutos lograban empatar os locais para chegar ó descanso co marcador 2-2. Moi disputada foi a segunda metade, e a falta de 2 minutos para a finalización aparecería novamente Rayco para facer o seu hat trick e darlle a victoria os da E. D. C. Celanova. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Por contra, o Alevín "A" caia derrotado por 0 goles a 4 diante do Calasancio. Un gol no minuto 2 de encontro complicaba xa moito a situación, e no minuto 15 novamente volveron encaixar. Con ese resultado chegarían a falta de 7 minutos para a finalización, e en dous minutos dous novos goles. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.CELANOVA A 1 - PABELLON A 11 35

 

Imprimir

O CADETE SEGUE COS RESULTADOS POSITIVOS

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Viaxaba o equipo Cadete na mañán do Domingo para visitar ó Cidade de Ourense, partido que se disputaría no Municipal de Oira. Encontro moi igualado dende o primeir intre, e que se lles complicaría os visitantes, posto que no minuto 30 da primeira metade quedarían con un xogador menos por a expulsión de Gael, pero a falta de 5 minutos para o descanso, David lograría o 0-1, resultado que posteriormente sería definitivo. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

O infantil acadaba un empate diante do Chantada. Adiantábanse os de Celanova moi cedo por medio de Adrián Álvarez, pero apenas 10 minutos despois, Brais conseguía o empate para o Chantada. Non se movería máis o marcador hata o remate do encontro e reparto de puntos. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.DSC00801 - copia - copia

Imprimir

TRES PARTIDOS NA MAÑÁN DO SÁBADO E UN O DOMINGO NO F8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Esta fin de semana xogarán como locais o Benxamín "A", que o fará ante un duro rival como é o Pabellón Promesas, partido que se levará a cabo dende as 12:00 h da mañán do Sábado no Municipal de San Rosendo, e unha hora antes, 11:00 h, disputarase, no mesmo escenario, o encontro que levarán a cabo o Alevín "A" e o Calasancio.

Os dous equipos que viaxan esta fin de semana serán, o Benxamín "B", que irá hata Verín para xogar o seu partido ante o Verín "B" no campo da Granxa dende as 12:30 h do Sábado, e por último o Alevín "B" xogará en Oira dende as 10:15 h do Domingo ante o Ourense C. F.2CS 5176

Imprimir

INFANTIL E CADETE NA MAÑÁN DO DOMINGO

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

As 11:30 h da mañán do Domingo xoga o Infantil o seu partido ante o Chantada, encontro que se disputará no anexo do Municipal de San Rosendo.

Por contra o Cadete da E. D. C. Celanova viaxará, tamén na mañán do Domingo, para visitar ó Cidade de Ourense, dende as 10:30 h no Municipal de Oira.20141222 170105

Imprimir

INFANTIL E CADETE LOGRAN DOUS RESULTADOS POSITIVOS

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Longo desprazamento o que tiña o equipo Infantil para visitar terras Valdeorresas.

Comenzaba o partido moi costa arriba para os de Celanova , xa que no minuto 4 Manu facía un gol en propia porta para por por diante ó C. D. Barco. Novo gol dos locais no minuto 15 e 2-0. A falta de un minuto para o descanso, Iago, transformaba un penalti e recortaba distancias no marcador. Na segunda metade, e con moito tempo por diante, os Infantis da E. D. C. Celanova intentaron remontar o encontro, e no minuto 14, de novo Iago, conseguía o empate. Sen máis goles no partido e reparto de puntos para ambos equipos. Ver ficha de partido. Ver calsificación e resultados.

Gloriosa mañán a que tivo o equipo Cadete da E. D. C. Celanova logo de gañar o seu encontro por 7 goles a 1 ante o C. F. Monforte.

Adiantábase moi rápido o equipo local por medio de Iñaki, minuto sete, e logo en cinco minutos conseguían tres novos goles, dous obra de Gael e un novamente Iñaki. No último minuto da primeira metade, Luis marcaba en propia porta, polo que se chegaría o descanso con resultado de 4-1. Comenza a segunda metade, e novamente Gael lograba dous novos tantos ( catro na súa conta particular ), e a falta de 9 minutos para o final, David facía o séptimo gol. Segue a dinámica positiva para o equipo Cadete da E. D. C. Celanova. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados. 20141222 170350

Imprimir

FIN DE SEMANA FRIO E CON BOS RESULTADOS NAS COMPETICIÓNS DE F8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

Gran victoria do Benxamín "B" diante do Ribeiro Fútbol Club na tarde do Venres por 8 goles a 2. Comenzaron cedo os de Celanova adiantándose no marcador, xa que no primeir minuto de partiddo, Pablo puña o 1-0, e tres minutos mási tarde, Mauro facía o 2-0. Recortaba distancias o Ribeiro, pero de novo Pablo, e por dúas veces Mauro, colocaban o 5-1 antes do tempo de descanso. Xa na segunda metade, Xian, Adrián e Ángel lograban tres novos goles, por un de Álvaro Dantas para ó Ribeiro. Bo resultado para o equipo do Benxamín "B". Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Derrota do Benxamín "A" na tarde do Sábado en Santa Cruz de Arrabaldo. Os de Celanova foron quen de aguantar o primeir tempo sen encaixar ningún tanto, pero xa na segunda metade encaixaron 2 goles nos dez primeiros minutos, e outros dous goles nos últimos nove minutos do encontro. A pesares do resultado o equipo deixou unha boa imaxe. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Trepidante encontro o que disputaron o Alevín "B" da E. D. C. Celanova e o Allriz. Adiantaba os locais Mauro no minuto 20 e dous minutos mási tarde, Anxo Buitrago conseguí o 2-0 para así chegar ó descanso. Xa na reanudación, os 5 minutos lograba o Allariz o seu primeir tanto, e cinco minutos depois o empate, un minuto loco e novo gol do Allariz, que lograba así darlle a volta ó encontro e porse 2-3. Aínda non estaba todo decidido, cando a falta de dous minutos para o remate, Mauro, conseguía un novo tanto para por o 3-3 definitivo. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

Na mañán do Domingo viaxaba o Alevín "A" para levar a cabo o seu partido ante o Pabellón Promesas no campo Miguel Ángel de Os Remedios.

Comenzaron adiantándose os locais no minuto 10 por medio de Samuel. Xa no segundo tempo José Miguel consegía o empate. Numan F., tres minutos máis tarde puña o 2-1, e un minuto despois, Martín, lograba o tanto que deixaría definitivamente o partido en empate a dous tantos. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados. 2CS 5305

 

Imprimir

Dobre desprazamento no fútbol 11

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

O Infantil desprázase ata terras Valdeorresas para xogar o seu encontro da liga polo título fronte o C.D. Barco a partires da 17:30. Os nosos rapaces veñen de empatar na casa a 3 un partido que se lles puxera costa arriba cun 0 a 2. A visita deste fin de semana pode ser decisiva para as suas aspiracións nesta liga.

O Cadete xogará ante o Monforte C.F. o Sábado as 12:00 da mañá no municipal de San Rosendo. Os rapaces da E.D.C., que levan unha boa dinámica de resultados a pesar da derrota axustada do fin de semana pasado, intentarán tomarse a revancha do 1 a 0 da primeira volta fronte oequipo Monfortino.

20141222 170125

Imprimir

Dous partidos como local e dous como visitante no fútbol-8

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 8

O Alevín "A" desprázase este Domingo a Ourense para medirse no campo "Miguel Ángel" o Pabellón Promesas as 10:30 da mañá. Os nosos buscarán unha difíl victoria contra un equipo o que xa lle gañaron na primeira volta despois de un gran partido, e intentarán facer o mesmo nesta ocasión.

O último fin de semana de X20141108 163351aneiro no fútbol-8 arranca en Celanova co interesante duelo entre o Alevín "B" e o Allariz a partir das 17:30 no campo de San Rosendo. Os nosos rapaces veñen de gañar a domicilio no campo do Arrablado e mediránse a un sempre dificilísimo Allariz que ocupa a terceira posición na taboa, mentres que o Alevín "B" está situado na quinta posición. Seguro que será un partido moi interesante IMG-20141025-WA0014e apaixoante.

Outro dos desprazamentos deste fin de semana será o do Benxamín "A", que irá ata Santa Cruz para xogar fronte o Arrabaldo na tarde do Sábado a partir das 17:45. O encontro preséntase a priori compricado para os nosos rapaces pero intentarán acadar un bo resultado.

Dende as 19:00 h da tarde do Venres poderase ver o partido que enfrontará o Benxamín "B" ante o Ribeiro no campo de San Rosendo. Será un encontro moi igualado despois de que no partido de ida o resultado fora de 5 a 6 a favor do equipo Celanovés nun trepidante ida e volta no resultado.

 

Imprimir

EMPATE DO INFANTIL E DERROTA DO CADETE

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol 11

Partido emocionante o que disputou o Infantil no Municipal de San Rosendo na mañán do Sábado ante o Pabellón. Adiantábanse os visitantes hata porse 0-2 e chegar ó decanso con ese resultado. Melloraron na segunda metade os de Celanova, e, primeiro David Vazquez, e logo Javi, conseguiron empatar o encontro. A falta de 10 minutos para o final, Iago lograba o 3-2. Pouco durou a alegria, xa que dous minutos máis tarde Yago consegía empatar para o Pabellón. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados.

1-2 perdía o Cadete logo de faer un bo encontro. Adiantaba os locais Iñaki a falta de 1 minuto para o descanso. Na segunda metade empataba o Arrabaldo o transformar un penalti, e catro minutos máis tarde, Juan Mayo conseguía o 1-2 definitivo. Ver ficha de partido. Ver clasificación e resultados. IMG-20141201-WA0009

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.