Actualidade - Fútbol sala

Imprimir

Remataron as ligas regulares das categorías inferiores de fútbol sala

Escrito por Super User el . Publicado en Fútbol sala

201405 06Remataron  as ligas regulares das categorías inferiores de fútbol sala coa sorpresa positiva para a seción de fútbol sala da escola que os equipos participantes conseguiron acabar no primeiro posto todas as clasificacions: pre-benaxmins, benxamins, alevins e cadetes, sendo a primeira vez na historia  da escola que ocurre isto  e refrendando o traballo que durante os ultimos anos se ven desenrolando nesta sección que se vai convertindo nun referente da escola.

Os prebenxamins remataron no primeiro posto logo de empatar 1 encontro dos 16 disputados diante do segundo clasificado Cidade de Ourense.Así mesmo o benxamín-a rematou na primeira posición logo dunha reñida competición co equipo de Maristas cedendo tan só unha derrota e un empate. Mentres o Alevín-A tamén acadaba o campeonato  logo de ser quen de gañar  os dezaseis encontros da liga e diante do Ponte Ourense segundo clasificado. Por último o infantil tamén conseguía adxudicarse o titulo de campeón de liga logo de  ceder un empate e mais unha derrota logo dos doce encontros disputados para acabar por diante do Carballiño segundo calsificado.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.