Actualidade - Fútbol sala

Imprimir

Votan a andar as competicións de fútbol sala do fin de semana

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Iste venres comenza un novo fin de semana para a EDC.Celanova. Como ven sendo habitual comenza cas competicións de fútbol sala. A partir das 18:00 no Pavillón Pedra da Moa disputaranse os encontros de pre-benxamíns EDC.CELANOVA - EDC.Verín-B, as 18:45 ddisputarase o prato forte da xornada co encontro de benxamins entre o EDC.CELANOVA - MARISTAS dous dos equipos chamados a pelexar o campeonato e as 19:45 cerrará a xornada a categoría alevín co encontro entre o EDC.CELANOVA - CIDADE DAS BURGAS que ten que ser o punto de arranque dun equipo que saiu coa intención de pelear o título de liga e que se está atopando con mais dificultades do esperado neste comenzo.

En canto aos equipos que se desplazan, as 19:00 no pavillón da Farixa en Ourense o Benxamín-B xogará o seu encontro contra as Franciscanas, mentres o Infantil de Galega desplazase mañá a Lugo para enfrontarse ao complicado rival do Lumieira a partir das 16:30 no Pavillón do Palomar. Polo que respeta ao femenino mañá sabado a partir das oito xogará no pavillón de Castrelo do Miño diante das locais nunha das saidas mais dificultosas da temporada.201405 02

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.