Actualidade - Fútbol sala

Imprimir

Previa do Fin de Semana na E.D.C. Celanova

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Presentase outro fin de semana apaixoante na E.D.C. Celanova en canto o futsal se refire, este venres a partir das 6 da tarde xogaráse no pavillón da Pedra Moa varios encontros da liga provincial nas distintas categorías base.

O pitido incial daráno os Prebenxamíns, que se enfrentarán o E.D.C. Verín "B". Os nosos que ata agora lévan gañados todos os partidos, intentarán seguir a sua racha victoriosa para afianzarse nos postos altos da liga.20141107 193042 - copia

A continuación (18:45) xogará o Benxamín "A" contra o Maristas "A", será un partido no cal poderemos ver un duelo entre dous equipos que aspiran a estar entre os primeiros postos da clasificación.

 E para cerrar a tarde do venres no pavillón, (19:30) o noso Alevín "A" medirase o Cidade das Burgas na busca dos seus primeiros 3 puntos da tempada.

A competición no futsal non remata aquí, o Benxamín "B", que tamén conta todos os seus partidos por victorias, desplazaráse ata o campo da Farixa, para disputar o seu enconfro fronte o equipo das Franciscanas a partir das 19:00.

Os Infantiles viaxarán o Sábado a Lugo, para xogar o partido de Liga Gallega fronte o Lumieira (16:30), neste partido os nosos buscarán a victoria nun encontro que se presenta moi igualado.

O Sábado o equipo feminino ten unha das saídas mais difíciles da tempada no campo de Castrelo de Miño, o partido disputarase as 20:00.

Moita sorte a tod@s e a divertirse.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.