Actualidade - Fútbol sala

Fin de Semana do 28 e 29 de Novembro na E.D.C. Celanova

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Outro fin de semana máis o pavillón da Pedra Moa prepárase para recicibir as competicións de fútbol sala. A partir das 18:00 o Benxamín "B" enfrontarase o EDO Rosais intentando seguir coa sua racha de victorias. O Benxamín "A" xogará o seu partido xusto despois (19:00) fronte o Carmelitas "B", tamén coa idea de seguir sumando victorias no seu casilleiro.

O Alevín "A" desplazarase ata Maceda, onde a partir das 19:30 dispiutará un difícil partido contra o equipo locatario, os nosos veñen de gañar o último partido e coller confianza para afrontar o vindeiro tramo de competición.

As competicións non rematan este día, se non que tamén o Sábado xóganse partidos. O Prebenxamín viaxará a terras Carballinesas para xogar fronte o Carballiño "B" a partir das 11:15,e o Infantil, pola contra, xoga no pavillón da Pedra Moa as 18:00 o seu partido da liga galega fronte a un durísimo Vigo 2015.

Sorte a todos e a divertírse! DSC0407

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.