Actualidade - Fútbol sala

Imprimir

NOVO FIN DE SEMANA DE FÚTBOL SALA NAS DISTINTAS CATEGORÍAS DAS E. D. C. CELANOVA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Comenzamos por os máis cativos da Escola, o Prebenxamín viaxa na tarde do Sábado para xogar ante o Santa Teresita, rival ante o cal intentarán acadar tres novos puntos para seguir no alto da clasificación.

O Benxamín "B" visita ó Luis Vives na tarde do Venres, procurarán lograr outros tres puntos para seguir contando os seus partidos por victorias.

Na Pedra da Moa levaránse a cabo dous partidos. Dende as 18:30 h do Venres o Alevín "A" recibe a S. D. Arrabaldo - Alb. Núñez. Dsitanciados por dous puntos na táboa clasificatoria, estes dous equipos disputarán un encontro interesante.

Dende as 19:30 h, o Benxamín "A" enfrontaráse ó lider da categoria, C. D. La Purísima. Con un punto de diferencia entre os dous equipos, os da E. D. C. Celanova intentarán sacar adiante o partido e poder seguir loitando por os primeiros postos da clasificación.

Por último o equipo femenino das E. D. C. Celanova viaxará hata Verín na tarde do Sábado para xogar o seu encontro a partires das 16:00 h, no que se presnta será un apaixoante partido.20141121 180821

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.