Actualidade - Fútbol sala

Imprimir

VOLTAN AS COMPETICIÓNS DE FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Os máis cativos da Escola, o Prebenxamín, desprázase na tarde do Venres para disputar o seu partido diante do Pabellón, as 19:00 h. Partido igualado entre dous equipos que se atopan distanciados tres puntos na clasificación, e no que os de Celanova loitarán por seguir aspirando por os postos máis altos da táboa clasificatoria.

Media hora antes, 18:30 h, xoga o Alevín "A" ante o Mestre Vide. Os da E. D. C. Celanova despois de que nas últimas tres xornadas lograsen tres victorias, intentarán acadar un novo triunfo nesta competición de fútbol sala.

Como locais disputaranse dous encontros. Primeiramente será o Benxamín "B", dende as 18:30 h no Pavillón Pedra da Moa, encontro que os enfrontará ó Santa Teresita.

Xa o Sábado pola mañán o equipo Infantil de Galega recibirá ó Troula de Betanzos, a partires das 12:00 h. Partido que se presenta emocionante entre dous bos equipos da Liga Galega de Fútbol Sala.

O outro equipo da Escola, na sección de Fútbol Sala, a E. D. C. Celanova Femenino, comenzará a segunda volta do campionato visitando ó Ramirás F. S. F.

Logo de que a fin de semana pasada acadase unha importantísima victoria na casa dun difícil rival, como é o Cartelle F. S. F., toca comenzar a segunda volta sumando tres novos puntos, para seguir tendo opcións de loitar a liga.

O encontro disputarase no Pavillón de Ramirás na tarde do Sábado as 16:30 h.20141121 180821

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.