Actualidade - Fútbol sala

EMOCIONANTE FIN DE SEMANA NO FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Victoria do equipo Prebenxamín por dous goles a cinco diante da EDO Rosais. Tres novos puntos e seguen como líderes da competición.Ver resultados. Ver clasificacion.

Dificil partido o que tiña que disputar o Benxamín "A" ante o Pazo Tizón, un dos rivais máis fortes da categoría. Xa perdían 0-3 ó descanso os de Celanova, e ó principio do segundo tempo, Hugo P., conseguía por o 1-3, pero foi moi dificil manter a intensidade e dous novos goles dos de Carballiño deixaban o definitivo 1-5. Ver resultados. Ver clasificacion.

Abultada victoria do Alevín "A" ante a EDO Couto, 0-17 foi o resultado final. Ver resultados. Ver clasificación.

O partido máis interesante da liga privincial femenina xogábase en Amoeiro entre dous claros aspirantes ó título, Amoeiro F. S. F. e E. D. C. Celanova Femenino. Bo ambiente nas gradas e moita tensión foi o que se viviu dende os primeiros intres do encontro. Ver resultados. Ver clasificación.

Os 30 segundos do comenzo adiantábanse as locais logo dun erro defensivo das de Celanova, e 5 minutos máis tarde conseguían o 2-0. A falta de tres minutos para o descanso, Carla A. puña o 2-1. Xa na segunda metade, e co marcador adverso, as rapazas de Celanova tiñan que buscar a victoria, pero dous novos tantos do Amoeiro complicáronllo aínda máis. Logo dos goles de Vera e Belén, que puñan o 3-4, parecía que se poderían lograr os tres puntos, pero as locais estaban moi sólidas e serias, e lograron 5 novos tantos para por o definitivo 9-3. Xa só queda pensar no seguinte encontro. 20141025 185455

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.