Actualidade - Fútbol sala

5 NOVOS ENCONTROS NO FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

O Prebenxamín disputará un dos partidos máis complicados da liga ante o Pazo Tizón de Carballiño, será dende as 19:00 h da tarde do Venres no Pavillón Pedra da Moa. As 18:15 h xogará o Alevín "A" diante do EDO Anexa.

O Benxamín "B" desprazarase na mañán do Sábado para visitar ó lider da competición, o Verín futsal "A", dende as 10:30 no pavillón da Granxa.

Xa na tarde do Sábado teremos dous novos encontros no Pavillón Pedra da Moa. Dende as 16:00 h o equipo Infantil de Liga Galega enfróntase ó Burela, e logo de rematar este partido, dende as 17:30 h o equipo femenino da E. D. C. Celanova xoga diante do Nogueira.20141220 171407

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.