Actualidade - Fútbol sala

Imprimir

UNHA SOA DERROTA NOS ENCONTROS DISPUTADOS NO FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Chegaría a primeira victoria da fin de semana na tarde do Venres no encontro que disputaba o Alevín "A" e a EDO Anexa. Por un resultado de 9-1 gañarían os da E. D. C. Celanova.

Seguiría un emocionante partido na categoría Prebenxamín, os nosos enfróntábanse ós líderes da categoría, o Pazo Tizón de Carballiño. Emocionante partido con moitísima intensidade e goles, que rematou con un resultado de 4-2 para os locais.

Aúnica derrota na sección de fútbol sala acadaríaa o Benxamín "B" na visita da mañán do Sábado ó Verín futsal "A" por un resultado de 6-0.

O infantil de Liga Galega ecibía ó Burela. Logo de chegar ó tempo de descanso perdendo por 2 goles a 3, os locais foron quen de darlle a volta ó marcador na segunda metade e rematar gañando o encontro por 5-3.

O equipo femenino da E. D. C. Celanova recibía ó Nogueira. Despois de perder a fin de semana pasada ante o loder na súa casa, e quedar case sen opcións ó título de liga, deberían gañar o seu partido para seguir conservando o segundo posto da clasificación. Con resultado de 1-1 chegouse ó tempo de descasno, e xa na segunda metade chegaron os goles para rematar logrando a victoria por 5-1.20141025 185450

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.