Actualidade - Fútbol sala

Imprimir

TRES DESPRAZAMENTOS NOS PARTIDOS DE FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Os únicos equipos que xogarán esta xornada a fútbol sala serán o Benxamín "A", o Alevín "A" e o Infantil.

Visitará o Benxamín "A" ó Cidade das Burgas, dende as 12:00 h da mañán do Sábado no anexo do Pavillón dos Remedios. Os da E. D. C. Celanova seguen loitando por se meter entre os catro primeiros clasificados, que lles da a opción de xogar o play off por o título.

O Alevín "A" disputará o seu encontro o Mércores ante o Pazo Tizón, a partires das 19:00 h no Paco Chao de Carballiño.

Por último, o Infantil de Liga Galega desprázase a Lugo, na mañán do Sábado, para enfrontarse ó Azkar, encontro que se disputará dende as 12:00 h. Logo da última victoria acadada en Celanova ante o Burela, intentarán sorprender ó lider na súa casa.20141024 191842

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.