Actualidade - Fútbol sala

SETE ENCONTROS NESTA XORNADA DE FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Tres partidos disputaranse na tarde do Venres no Pavillón Pedra da Moa. O Benxamín "A" será o primeir equipo en xogar, farao ante a EDO Anexa dende as 18:00 h no que será o seu primeir encontro de copa. Posteriormente disputará o Prebenxamín, 18:45 h, diante do Tropaxe Meuda, e por último, 19:30 h, enfrentarase o Alevín "A" da E. D. C. Celanova a EDO Couto.

O Infantil de Liga Galega desprazarase na mañán do Domingo para visitar ó Vigo 2015, 12:00 h, pero antes xogará o partido de copa ante o Verín o Sábado pola mañán as 10:00 h, tamén como visitante.

O equipo Femenino da E. D. C. Celanova xogará o seu último encontro de liga no que será un apaisoante derbi ante o Cartelle, Sábado 19:15 h no Pavillón Pedra da Moa.

Por último o equipo do Benxamín "B" xogará o seu primeir partido de copa ante o Carmelitas "A", na tarde do Mércores dende as 18:30 h. 20141025 185448

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.