Actualidade - Fútbol sala

ÚLTIMO ENCONTRO NA LIGA PROVINCIAL FEMENINA E PRIMEIROS PARTIDOS DE COPA PA AS CATEGORÍAS DE BENXAMÍNS ALEVÍNS E INFANTÍS

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

A E. D. C. Celanova Femenino pecharía o telón de unha liga moi disputada, e faríao na casa ante o Cartelle, 4-2 sería o resultado final dun partido no que as de Celanova non se xogaban nada, xa que quedarían segundas clasificadas pasase o que pasase. A autoras dos goles locais foron Nuria (3), e Belén.

Primeiros encontros de copa para os Infantís, Alevíns e Benxamíns, os primeiros acadarían a victoria ante o Verín, 1-6.

Por outro lado o Alevín "A" gañaba de forma moi cómoda a EDO Couto, igual que faría o Benxamín "A" ante a EDO Anexa.

Tamén gañaría o Prebenxamín, estes de maneira máis axustada diante do Tropaxe Meuda 1-2.

E por último o equipo Infantil da Liga Galega, viaxaba na mañán do Domingo para se enfrentar o Vigo 2015, e caería derrotado por catro goles a cero. EDC CELANOVA FEMENINO 166

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.