Actualidade - Fútbol sala

Imprimir

Un ano mais a EDC.Celanova participou na XIV Torneo Cidade de Lugo de futsal, considerado como o mellor de España de equipos de base.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

foto alevin cidade de lugo 2015Un ano mais e por 5º consecutivo a EDC.Celanova estivo presente nunha nova edición en este caso o XIV Torneo Cidade de Lugo de fútsal, considerado como o mellor de España de categorias base e que se celebrou os días 2-3 e 4 de Xaneiro. O torneo só se pode acceder como un dos once invitados pola organización ou como gañador da fase previa, e nil participan os mellores equipos galegos ademais de grandes escolas a nivei nacionai como Boadilla, Ciudad de Toledo, Moprisala, Slamanca.... Como reconocimento o traballo que leva desenrolando a escola  istes anos e súa competitividade destacar a participación na fase final por primeira vez de catro equipos, benxmins, alevins, infantis e cadetes.

Destacar ademais do plano competitivo, a oportunidad de convivir varios días cos nenos, cousa que eles lles fai gran ilusión, porque sobre todo para os mais pequenos soe ser a primeira experiencia de sair e durmir conxuntamente cos compañeiros.

No plano competitivo excelente actuación do alevín que acadou a semifinai diante o Cidade de Toledo, nun partido moi aberto e que rematou ao final nun axustado 5-4 para os castellanos ainda que ben puido ser o contrario. E donde os alevins da EDC.Celanova fixeron unha gran fase de grupo acadando o primeiro do seu tras gañar ao Moprisala Toledo a postre gañador do torneo.

En categoria benxamín, un empate diante o Tierno Galván de Valladolid e dúas derrotas 4-5 con Narón e 6-3 co Concello de Curtis. Moitas experiencias para os mais peques que por primeira vez saian a competir a un torneo de estas caracteristicas.

Polo que respecta ao infantil e cadete, non foron quen de conseguir sumar unha victoria nunha competición onde o nivel era moi alto e penalización de ter maioria de rapaces de primeiro ano diante quipos que competían maioritariamente con xente de segundo.

O infantil quedou encuadrado no grupo de donde sairon os dous finalistas, competindo de maneira excepcional o primeiro partido diante Salmanca para perder 1-2, perder con Moprisala 4-0 nun partido onde o marcador non reflexou o acontecido no campo, e cerrar a súa participación cun claro 6-0 diante o campeón do torneo Cies Vigo.

Polo que respecta o cadete, competiu moi ben o primeiro partido 4-0 diante o Lugo Sala, para perder 5-0 diante Pecheches de Vigo os dous equipos de liga galega e finalizar a participación cun claro 9-1 diante do potente Boadilla de Madrid.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.