EDC.Celanova protagonista na fase final da Copa Deputación.
A EDC.Celanova foi o principal protagonista na fase final da Copa Deputación que se disputou no pavillón Pedra da Moa de Celanova onte domingo. O equipo cadete saiu campeón tras gañar nunh apretada final o Mstre Vide ao igual co equipo infantil nunha non menos axustada co Xuventude de Irixo. Mentres o alevín caia derrotado por 3-1 diante o equipo da EDO Ourense, nunha final onde penalizou o cansanzo da disputadísima final con Verín pola mañá, e na final benxamín a EDC.Celanova perdía por 3-5 diante o Pazo Tizón Carballiño nun partido de moita igualdade e competitividade entre dous grandes equipos. A outra final que se disputou foi a Prebenxamín entre os equipos da Tropaxe Meuda UDO e Ourense cf. que tamén gañarían os pequenos da Tropaxe logo de romontar dous goles no tramo final do encontro. Gran tarde de futsal en Celanova cun pavillón abarrotado para despedir a tempada de futsal coa disputa das finais de Copa Dep
utación
de Base.