Actualidade - Fútbol sala

Imprimir

O Domingo o alevín de futbol sala disputará no Carballiño a fase final do campeonato provincial.

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

O domingo 19 de Abril disputrase no Carballiño a fase final do campeonato provincial de futbol sala en categorías bemxamín e alevín, cuio gañador terán a posibilidade de representar aprovincia de Ourense no campionato galego que se desenrolará en Bueu o dia 10 de maio. A ED.CELANOVA estará representada co equipo alevín que disputará a súa semifinal a partir das 13:00 tendo como rival ao Verín FS. para tratar de clasificar para a final que se disputará as 17:30 frente o gañador do partido entre Carballiño FS. e Carmelitas.2CS 7660

Imprimir

BO FIN DE SEMANA DE RESULTADOS NO FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

O Prebenxamín gañaba 1-3 en Verín. Tamén conseguría a victoria de maneira cómoda o Alevín "A" ante o Verín "B", igualmente faría o Infantil de Liga Galega ante o Casás, 0-8. O equipo Femenino conseguiría unha nova victoria, diante do Santa Teresita, 2-4. Por contra o Benxamín "A" caería derrotado no seu encontro disputado ante a EDO Ourense.TORNEO DE FUTSAL SEMANA SANTA 2015  286

Imprimir

LONGA XORNADA NA SECCIÓN DE FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Comenzará a xornada o Alevín "A" dende as 18:30 h do Venres diante do Verín no Pavillón Pedra da Moa. Tamén na tarde do Venres, dende as 19:00 h no Instituto do Couto, disputará o seu primeir encontro da eliminatoria por o campionato Provincial o Benxamín "A", será ante o campión do grupo "B", a EDO Campus.

Xa na mañán do Sábado viaxará o equipo Prebenxamín a Verín para disputar o seu partido de liga dende as 11:00 h no Pavillón da Granxa.

O Infantil desprazarase hata Lugo onde xogará o Domingo pola mañán a partires das 11:00h.

Por último o equipo Femenino xogará o seu encontro de liga ante o Santa Teresita no Anexo dos Remedios na tarde do Sábado, 19:30 h. O Domingo pola mañán disputará un novo encontro, o cal foi aprazado no seu día, será ante o Castrelo dende as 12:00 h no Pavillón Pedra da Moa.20141121 180800

Imprimir

NOVA VICTORIA DA E. D. C. CELANOVA FEMENINO

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

A falta de dous encontros para o remate da competición, o equipo da E. D. C. Celanova Femenino segue no segundo posto da clasificación, logo de acadar esta fin de semana unha nova victoria diante do Verín por 6 goles a 1. 20141108 172431

Imprimir

TORNEO FÚTBOL SALA PREBENXAMÍN

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Esta fin de semana levarase a cabo o Torneo de Fútbol Sala en categoría Prebenxamín. O mesmo disputarase en fase de grupos, nos dous Pavillóns da Vila, Triguerizas e Pedra da Moa, en horario de mañán de 10:30 h a 13:00 h; e pola tarde, na fase final, de 16:00 h a 19:30 h.Sin título

Imprimir

O PREBENXAMÍN CONTINÚA COMO LIDER

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

4- 2 lograría gañar o equipo Prebenxamín diante dun complicado rival como é o Ourense C. F. Este resultado segue deixando os de Celanova como líderes.

A EDO Couto foi quen de gañar o equipo Benxamín "B". 6-4 foi o resultado final no último partido de liga regular.

O equipo Femenino non puido acadar a victoria nunha das saídas máis complicadas que lles quedaba. 3-3 foi o resultado final, a pesares do cal seguen como 2ª clasificadas.20141025 185455

Imprimir

ÚLTIMAS XORNADAS NAS LIGAS DE FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Prebenxamín, Celanova Ourense C. F., Venres 19:00 no Pavillón Pedra da Moa, intentarán acadar unha nova victoria para seguir no máis alto da clasificación unha semana máis.

Último encontro do Benxamín "B", xa sen opcións de clasificarse entre os catro primeiros, viaxarán na tarde do Venres para levar a cabo o seu encontro ante a EDO Couto dende as 19:00 h.

Para o Luns quedará o encontro que disputarán os Rosais e o Alevín "A" da E. D. C. Celanova, 18:45 h.

A falta de catro encontros para o remate da liga Provincial Femenina, a E. D. C. Celanova visitará ó Xinzo Femenino, nunha complicada saída e na que intentarán seguir conservando o 2º posto. Sábado 18:00 h.20140927 160342 9 opt

Imprimir

DERROTA DO BENXAMÍN "B" E EMPATE DO INFANTIL NAS COMPETICIÓNS DE FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Derrota contundente a sufrida por o Benxamín "B" ante a EDO Campus no penúltimo encontro de liga. Xa só queda un partido para finalizar a competición, e os de Celanova sen opcións de meterse entre os catro primeiros clasificados.

Logrou un empate o Infantil de Liga Galega ante o Santiago Futsal, 3-3 foi o resultado final, e con ese punto acadado os da E. D. C. Celanova seguen sextos clasificados na liga.20141109 175554

Imprimir

SÓ DOUS ENCONTROS EN FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

O Benxamín "B" enfróntase a EDO Campus o Venres as 18:30 h no Pavillón Pedra da Moa, nun partido no que os locais intentarán acadar os tres puntos para poder chegar o cuarto posto da clasificación.

Enfrontarase ó Santiago Futsal o Infantil de Liga Galega, encontro que se disputará na tarde do Sábado no Pavillón Pedra da Moa dende as 17:00 h.DSC 0214

Imprimir

UNHA SOA DERROTA E CATRO VICTORIAS

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Gañaba o Prebenxamín 0-5 diante do Pabellón C. F. "A", partido que se xogaba na tarde do Venres. A esa victoria sumaríanselle, tamén na tarde do Venres, as conseguidas por o Benxamín "A" e o Alevín "A".

Quedarían dous encontros para o Sábado. A E. D. C. Celanova Femenino recibía no Pavillón Pedra da Moa ó Cidade de Ourense, a quen acabaría vencendo por 4-2.

Por contra o Infantil desprazábase a Coruña, xogaba ante o Liceo, e este encontro remataría con unha axustada victoria por 3 goles a 2 favorable os Coruñeses, logo de que os visitantes perdesen unha vantaxe de 0-2.20141121 191620

Imprimir

LONGO FIN DE SEMANA DE FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Comenza o Prebenxamín, o Venres a tarde, a xornada de fútbol sala. Dende as 18:30 h enfróntase, como visitante, ó Pabellón nun partido complicado no que intentarán seguir sumando puntos.

O Benxamín "B" xogará o seu encontro ante o Carmelitas na tarde do Luns dende as 18:15 h. Os de Celanova intetarán acadar un resultado positivo para seguir loitando por os catro primeiros postos.

Venres, 18:30 h no Pavillón Pedra da Moa, disputa o Benxamín "A" o encontro que lle pode dar a cladificación entre os catro primeiros para poder xogar os play off. O rival será o Maristas "C".

Unha hora máis tarde, 19:30h, xoga o Alevín "A" ante o Cidade de Ourense.

Na tarde do Sábado desprázase o Infantil de Liga Galega a cidade da Coruña para xogar o seu encontro ante o colegio Liceo, será dende as 20:00 h.

Por último, o equipo femenino xoga na casa ante o Cidade de Ourense, Sábado 16:30 h.DSC05192

Imprimir

DÚAS VICTORIAS E UN EMPATE NO FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Gañaba o Prebenxamín o seu encontro ante o Miraflores, 7-0 foi o resultado final, e que deixa os de Celanova como líderes da categoría.

A outra victoria lograbaa o equipo Femenino no Pavillón Paco Chao en Carballiño. 2-4 sería o resultado final dun encontro no que as da E. D. C. Celanova non estiveron o seu mellor nivel, pero seguen conservando o segundo posto da clasificación.

O Infantil de Liga Galega conseguía un empate na casa ante o Campito, nun partido bastante frouxo e no que, por dúas veces, os visitantes se adiantaban no marcador, os de Celanova a falta de cinco minutos lograba porse 3-2, e chegando ó remate do encontro o equipo visitante conseguiría o empate definitivo.20141025 185455

Imprimir

TRES PARTIDOS EN FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Dende as 18:30 h do Venres reciben os Prebenxamíns da E. D. C. Celanova a EDO Miraflores. Os locais intentarán manter a racha de victorias para seguir no máis alto da clasificación.

Outro encontro que se xogará o Venres a tarde será o que dispute o equipo Femenino, que se desplazará hata Carballiño para, dende as 20:00 h, intentar lograr unha victoria para seguir mantendo por o segundo posto.

O infantil de Liga Galega xogará o Domingo pola mañán, as 12:00 h ante o Campito no Pavillón Pedra da Moa.20141107 191241

 

Imprimir

TRES DESPRAZAMENTOS NOS PARTIDOS DE FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Os únicos equipos que xogarán esta xornada a fútbol sala serán o Benxamín "A", o Alevín "A" e o Infantil.

Visitará o Benxamín "A" ó Cidade das Burgas, dende as 12:00 h da mañán do Sábado no anexo do Pavillón dos Remedios. Os da E. D. C. Celanova seguen loitando por se meter entre os catro primeiros clasificados, que lles da a opción de xogar o play off por o título.

O Alevín "A" disputará o seu encontro o Mércores ante o Pazo Tizón, a partires das 19:00 h no Paco Chao de Carballiño.

Por último, o Infantil de Liga Galega desprázase a Lugo, na mañán do Sábado, para enfrontarse ó Azkar, encontro que se disputará dende as 12:00 h. Logo da última victoria acadada en Celanova ante o Burela, intentarán sorprender ó lider na súa casa.20141024 191842

Imprimir

UNHA SOA DERROTA NOS ENCONTROS DISPUTADOS NO FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Chegaría a primeira victoria da fin de semana na tarde do Venres no encontro que disputaba o Alevín "A" e a EDO Anexa. Por un resultado de 9-1 gañarían os da E. D. C. Celanova.

Seguiría un emocionante partido na categoría Prebenxamín, os nosos enfróntábanse ós líderes da categoría, o Pazo Tizón de Carballiño. Emocionante partido con moitísima intensidade e goles, que rematou con un resultado de 4-2 para os locais.

Aúnica derrota na sección de fútbol sala acadaríaa o Benxamín "B" na visita da mañán do Sábado ó Verín futsal "A" por un resultado de 6-0.

O infantil de Liga Galega ecibía ó Burela. Logo de chegar ó tempo de descanso perdendo por 2 goles a 3, os locais foron quen de darlle a volta ó marcador na segunda metade e rematar gañando o encontro por 5-3.

O equipo femenino da E. D. C. Celanova recibía ó Nogueira. Despois de perder a fin de semana pasada ante o loder na súa casa, e quedar case sen opcións ó título de liga, deberían gañar o seu partido para seguir conservando o segundo posto da clasificación. Con resultado de 1-1 chegouse ó tempo de descasno, e xa na segunda metade chegaron os goles para rematar logrando a victoria por 5-1.20141025 185450

Imprimir

5 NOVOS ENCONTROS NO FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

O Prebenxamín disputará un dos partidos máis complicados da liga ante o Pazo Tizón de Carballiño, será dende as 19:00 h da tarde do Venres no Pavillón Pedra da Moa. As 18:15 h xogará o Alevín "A" diante do EDO Anexa.

O Benxamín "B" desprazarase na mañán do Sábado para visitar ó lider da competición, o Verín futsal "A", dende as 10:30 no pavillón da Granxa.

Xa na tarde do Sábado teremos dous novos encontros no Pavillón Pedra da Moa. Dende as 16:00 h o equipo Infantil de Liga Galega enfróntase ó Burela, e logo de rematar este partido, dende as 17:30 h o equipo femenino da E. D. C. Celanova xoga diante do Nogueira.20141220 171407

Imprimir

Crara victoria do Benxamin-B diante de Maristas-B

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Crara victoria do benxamin-B de fútbol sala diante dun compricado rivai como Maristas-B por 5-1. A superioridade celanovense foi crara demde o primeiro momento, o 1-0 marcouno Antón dun forte tiro, o pouco tempo igualaría Maristas 1-1, para inmediatamente Mauro marcar o 2-1 nunha internada pola esquerda.Antes de rematar a primeira metade Angel marcaría o 3-1 o finalizar unha bonita xogada persoal. Xa no segundo tempo Jesus conseguiría o 4-1 nunha internada pola esquerda e Adán o 5-1 o rematar un balón no segundo pau- Este resultado mantén con posibilidades o benxamín-B de clsificarse entre os catro primeiros para xogar o play off polo titulo. Ver resultados. Ver clasificación.

Imprimir

EMOCIONANTE FIN DE SEMANA NO FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Victoria do equipo Prebenxamín por dous goles a cinco diante da EDO Rosais. Tres novos puntos e seguen como líderes da competición.Ver resultados. Ver clasificacion.

Dificil partido o que tiña que disputar o Benxamín "A" ante o Pazo Tizón, un dos rivais máis fortes da categoría. Xa perdían 0-3 ó descanso os de Celanova, e ó principio do segundo tempo, Hugo P., conseguía por o 1-3, pero foi moi dificil manter a intensidade e dous novos goles dos de Carballiño deixaban o definitivo 1-5. Ver resultados. Ver clasificacion.

Abultada victoria do Alevín "A" ante a EDO Couto, 0-17 foi o resultado final. Ver resultados. Ver clasificación.

O partido máis interesante da liga privincial femenina xogábase en Amoeiro entre dous claros aspirantes ó título, Amoeiro F. S. F. e E. D. C. Celanova Femenino. Bo ambiente nas gradas e moita tensión foi o que se viviu dende os primeiros intres do encontro. Ver resultados. Ver clasificación.

Os 30 segundos do comenzo adiantábanse as locais logo dun erro defensivo das de Celanova, e 5 minutos máis tarde conseguían o 2-0. A falta de tres minutos para o descanso, Carla A. puña o 2-1. Xa na segunda metade, e co marcador adverso, as rapazas de Celanova tiñan que buscar a victoria, pero dous novos tantos do Amoeiro complicáronllo aínda máis. Logo dos goles de Vera e Belén, que puñan o 3-4, parecía que se poderían lograr os tres puntos, pero as locais estaban moi sólidas e serias, e lograron 5 novos tantos para por o definitivo 9-3. Xa só queda pensar no seguinte encontro. 20141025 185455

Imprimir

PRESÉNTASE UNHA EMOCIONANTE XORNADA NA SECCIÓN DE FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Dende xa a tarde do Venres comezan as xornadas nas distintas categorias de fútbol sala.

O Prebenxamín xogará como visitante ante o Rosais, dende as 18:45 h.

Interesante partido o que vai disputar o Benxamín "A" diante do Pazo Tizón, encontro no que os de Carballiño chegan con 6 victorias en seis partidos. Os da E. D. C. Celanova intentarán dar o mellor de sí para acadar un bo resultdo. No Pavillón Pedra da Moa a partires das 18:45 h da tarde do Venres.

Tamén o Venres a tarde, e a mesma hora, 19:30 h, xoga o Alevín "A" na casa do Couto.

O equipo "B" do Benxamín retrasa o seu partido para o Mércores as 19:00 no Pavillón Pedra da Moa diante do Maristas "B".

Partido no que se pode decidir moito, na liga provincial femenina, será o que enfronte a E. D. C. Celanova e o Amoeiro. En Amoeiro, Sábado, 19:00 h, dous dos apirantes ó título disputarán un bo partido, no que unha derrota deixaría prácticamente sen opcións as de Celanova, xa que 4 puntos, favorables ó Amoeiro, é a distancia que as separa actualmente na clasificación.20141108 172431

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.