Actualidade - Fútbol sala

Imprimir

TARDE INTENSA DE FÚTBOL SALA

Escrito por Ángel Mociño el . Publicado en Fútbol sala

Abría o telón o Alevín "A" no seu encontro ante a S. D. Arrabaldo - Alb. Núñez. No primeir minuto de partido conseguían os locais porse por diante no marcador, e a partires de ahí non deron tregua o rival hata chegar 3-0 ó descanso. Xa no segundo tempo un novo gol e vantaxe clara. Con 4-0 no electrónico conseguiu a S. D. Arrabaldo - Alb. Núñez o seu tanto, e posteriormente tres novos goles dos da E. D. C. Celanova. Victoria clara e tres novos puntos.20141121 204001

Posteriormente xogaba o Benxamín "A", partido de moitísimo nivel ante o primeiro clasificado da liga, C. D La Purísima. Os 15 segundos de partido os visitantes conseguían adiantarse no marcador. A partires dese intre o Benxamín "A" dominou o encontro e logrou chegar ó descanso con un resultado de 1-1. Segía a intensidade no comezo da segunda metade, os locais continuaban dominando pero non lograban acadar un novo gol. Xa no tramo final, a falta de 10 minutos, nun tremendo erro defensivo a saída dun saque de esquina, lograban os visitantes o segundo tanto. Iker, Germán, José e Cosme tiveron o empate nas súas botas pero non o conseguiron. Final e tres puntos que levaron os líderes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e a túa experiencia de navegación. Se continúas navegando, enténdese que aceptas a súa uso.